Imaxe: MÓNICA ARCAY.
O Deportivo Liceo afrontará o vindeiro sábado 14 unha auténtica festa de hockey sobre patíns. A tarde estará marcada por dous importantes choques dos seus equipos masculino e feminino ós que todo liceísta poderá asistir, ben de balde ou por tan só 5 euros.
Juan Copa e os seus xogadores comezarán ás 17:30h o primeiro partido do playoff polo título. Uns cuartos de final contra o PAS Alcoi ó mellor de tres choques nos que o Pazo dos Deportes de Riazor deberá ser unha caldeira.
Pola súa parte, Stanis García e as súas muchachas recibirán ó colista Girona co obxectivo de continuar unha segunda volta excepcional. O encontro será no mesmo escenario inmediatamente despois do anterior (20:00h).
Como xa é habitual, dispóñense varios escenarios de adquisición de pases para tódolos liceístas que desexen animar ó equipo.
Abonados do Real Club Deportivo
O primeiro deles está novamente destinado ós abonados beneficiarios do convenio co Real Club Deportivo. Haberá 500 pases dispoñibles sen máis custo que o tempo adicado á xestión, a realizar mediante a seguinte ligazón de Cluber:
Na chegada ós aledaños do Pazo dos Deportes, as persoas que apliquen esta posibilidade terán a obriga de presentar dous documentos: o código QR proporcionado por Cluber e o carnet do Real Club Deportivo. Serán indispensables para poder acceder.
Socios do Deportivo Liceo
O segundo escenario aplicarase ós socios do Deportivo Liceo, que deberán mostrar o código QR do seu carnet dixital á hora de entrar. Polo tanto, non será necesaria maior xestión.
Público xeral
Por outra parte, o público xeral que desexe asistir ó encontro conta con entradas dispoñibles a un prezo de 5 euros cada unha. Adquiriranse de xeito online mediante outro enlace de Cluber:
Liceístas, agardámosvos no Pazo dos Deportes de Riazor! Vivamos un gran sábado de Deportivo Liceo!