Caer ante o Palau cortou unha serie importante de triunfos consecutivos, pero todavía hai consecuencias positivas. A confianza e a idea de éxito non fuxiron e, en base a iso, o Deportivo Liceo procurará lograr tres novos puntos fronte a Las Rozas (domingo 27, 12:30h).
O Pazo dos Deportes de Riazor será o escenario da 19º xornada da OK Liga Feminina, competición con cada vez menos datas restantes de fase regular. Con esta serán oito. Stanis García e as súas xogadoras, sétimas con 28 puntos, todavía teñen camiño por percorrer.
Un Las Rozas irregular
O conxunto madrileño é un dos protagonistas da loita por evitar o descenso. É o actual antepenúltimo con once puntos acumulados, así que a súa visita a Galicia será realmente importante para tomar distancias co Vilanova.
Las Rozas é o actual antepenúltimo da OK Liga Feminina
Aínda que o factor motivación terá moito que dicir, os datos non xogan ó seu favor. Las Rozas, por exemplo, é o segundo peor equipo en canto a goles anotados: 25 en 18 xornadas. O seu maior activo ofensivo é a italiana Giulia Galeassi, autora de once.
O precedente da primeira volta, celebrado no Centro de Patinaxe madrileño, deixou unha vitoria para o Deportivo Liceo (1-4).
Lista de convocadas
O técnico liceísta todavía non poderá contar coa chilena Bea Gaete, baixa a medio prazo tras ser operada. Polo tanto, a convocatoria quedará formada polas seguintes xogadoras: Viki Caretta, Mencía Mosquera, Luchy Paz, María Sanjurjo, Adriana Soto, Alba Garrote, Ale Martín, Lara Yáñez, Lucía Yáñez e Cris Diz.
Como ir ó Pazo dos Deportes?
Por 5€, ou incluso de xeito gratuito, tódolos liceístas que o desexen poderán asistir a Riazor para disfrutar do choque entre Deportivo Liceo e Las Rozas (domingo 27, 12:30h).
Os socios verdibrancos entrarán ensinando o seu carnet dixital. Para o resto organizáronse os dous escenarios habituais de adquisición.
No primeiro deles, adicado ós abonados do Real Club Deportivo, haberá 500 pases gratuitos dispoñibles. Non existirá máis custo que o tempo adicado á xestión, a levar a cabo mediante o seguinte link de CLUBER:
No momento da chegada ós aledaños do Pazo dos Deportes, as persoas que apliquen esta posibilidade terán a obriga de presentar dous documentos: o código QR proporcionado por Cluber e o carnet do Real Club Deportivo.
Para rematar, o público xeral que desexe asistir ó encontro conta con entradas a un prezo de 5€. Adquiriranse de xeito online mediante outra ligazón de CLUBER:
Normativa sanitaria de acceso
Trala publicación do DOGA do 17 de decembro esíxese que, nas instalacións deportivas que esperen unha afluencia superior a 200 espectadores, se comprobe antes do acceso que os asistentes maiores de 12 anos estén en posesión dalgún documento que acredite unha destas situacións:
- Que recibiron a pauta completa dunha vacina contra a COVID-19 para a cal se concedeu unha autorización de comercialización, de conformidade co Reglamento (CE) nº 726/2004.
- Que dispoñen dunha proba diagnóstica negativa realizada nas últimas 72 horas, no caso das PCR, e 48 horas no caso dos tests de antíxenos. No caso dos tests rápidos de antíxenos, deberán están enumerados na lista común e actualizada de tests rápidos de antíxenos da COVID-19 establecida sobre a base da Recomendación 2021/C 24/01 do Consello de Europa.
- Que o titular se recuperou dunha infección polo SARS-CoV-2 nos últimos 6 meses. Para iso, a persoa debe ter sido diagnosticada como caso confirmado da COVID-19 fai 11 días ou máis mediante unha proba PCR, non sendo válido outro tipo de test.