O Deportivo Liceo de Sergio Huelves volverá á acción cun partido especial. Este sábado, o Agra será o escenario dun derbi coruñés entre verdibrancos e Compañía de María (17:00h) correspondente á 16º xornada da OK Prata. Unha oportunidade para repoñerse da derrota da data anterior (4-3 na pista do Espanyol).
O conxunto liceísta chegará ó compromiso como sétimo clasificado, con 21 puntos nas costas e como un dos integrantes da apretada zona media do Grupo Norte. O Compañía, pola súa parte, é noveno con 18 unidades e afrontará un partido chave para alonxarse definitivamente do sector perigoso da clasificación.
Unha vez xogado este duelo, ó filial do Deportivo Liceo restaranlle dous para pechar o mes de marzo: unha visita ó Jolaseta (sábado 19, 19:00h) e recibir ó pechacancelas Rochapea (sábado 16, 17:00h).