A mellor competición de hockey sobre patíns do mundo tiña datas (11-17 abril) e lugar (Pazo dos Deportes), pero agora xa ten folla de ruta. Dilucidouno así o sorteo celebrado este 8 de marzo no Concello da Coruña e que deixou os seguintes grupos:
- GRUPO A: FC Porto, SL Benfica e CH Caldes.
- GRUPO B: FC Barcelona, Sporting e Saint-Omer.
- GRUPO C: DEPORTIVO LICEO, OC Barcelos e Forte dei Marmi.
- GRUPO D: Oliveirense, Reus e Noia.
A competición constará, no seu inicio, desta fase de grupos con dous partidos para cada participante. Pasarán os dous mellores e posteriormente haberá cuartos de final, semifinais e final.
Un evento imperdible para o afeccionado ó deporte, que xa pode adquirir entradas: