As tarefas pendentes debido ó COVID-19 remataron da mellor maneira. O Deportivo Liceo venceu na pista do Girona, sumou o seu segundo triunfo consecutivo e alcanzou un pase para a vindeira Copa da Raíña. O equipo dirixido por Stanis García conta, tras isto, con 19 puntos útiles para alzarse na sétima posición da OK Liga Feminina.
O partido, desigualado polas situacións clasificatorias de cada contendente, estivo claramente dominado polas verdibrancas. Tardaron dous minutos en adiantarse mediante Alba Garrote e, desde ese intre, someteron a un Girona que xerou moi pouco perigo á zaga. O descanso, aínda así, chegou sen máis goles.
Fiabilidade
Tampouco existiron na primeira metade do segundo acto, aínda que a iniciativa non trocou de dono. O Deportivo Liceo logrou quitar o tapón a falta de trece minutos para o final, cando anotou o 0-2 mediante Adriana Soto.
O Deportivo Liceo dominou o encontro de principio a fin
A partir dese momento, 0-4 tralos dobretes da propia arxentina e de Alba. As locales conseguiron o gol da honra, pero María Sanjurjo matou o partido co 1-5.
O vindeiro compromiso liceísta será de máximo nivel: recibir ó Manlleu no Pazo dos Deportes.
FICHA TÉCNICA
GIRONA: Elia Blade; Mariona Mora, Julia Canal, Estel Forns, Marina Monge (quinteto inicial), Mireia Arranz, Ivet Jiménez, Jana Crespo e Sara Céspedes.
DEPORTIVO LICEO: Viki Caretta; Bea Gaete, Adriana Soto, Alba Garrote, María Sanjurjo (quinteto inicial), Ale Martín, Cris Diz e Mencía Mosquera.
ÁRBITRO: Bravo Carrasco. Sen cartóns.
GOLES: 0-1 (Alba Garrote, min. 2). 0-2 (Adriana Soto, min. 37). 0-3 (Alba Garrote, min. 43). 0-4 (Adriana Soto, min. 44). 1-4 (Estel Forns, min. 48). 1-5 (María Sanjurjo, min. 50).
Xornada 11 da OK Liga Feminina 21/22. Municipal Palau II.