O Deportivo Liceo afrontará a vindeira fin de semana (sábado 18, 17:00h) o seu último partido de 2021. Un choque contra o Vilanova coa meta de seguir dando guerra na OK Liga Feminina.
Por iso, como é habitual, preséntanse varios escenarios de adquisición de pases para tódolos liceístas que desexen animar ó equipo.
Abonados do Real Club Deportivo
O primeiro deles está novamente destinado ós abonados beneficiarios do convenio co Real Club Deportivo. Haberá 500 pases dispoñibles sen máis custo que o tempo adicado á xestión, a realizar mediante o seguinte link de Cluber:
Na chegada ós aledaños do Pazo dos Deportes, as persoas que apliquen esta posibilidade terán a obriga de presentar dous documentos: o código QR proporcionado por Cluber e o carnet do Real Club Deportivo. Serán indispensables para poder acceder.
Socios do Deportivo Liceo
O segundo escenario aplicarase ós socios do Deportivo Liceo, que deberán mostrar o código QR do seu carnet dixital á hora de entrar. Será a medida habitual mentres se xestionen os pases físicos. Polo tanto, neste caso non será necesaria maior xestión.
Público xeral
Por outra parte, o público xeral que desexe asistir ó encontro conta con entradas dispoñibles a un prezo de 5€ cada unha. Adquiriranse de xeito online mediante outra ligazón de Cluber:
Liceístas, agardámosvos no Pazo dos Deportes de Riazor!