CRÓNICA | Nova vitoria (6-1)

CRÓNICA | Nova vitoria (6-1)

Imaxe: HOCKEY GLOBAL.

Novo triunfo no regreso da OK Liga a Riazor, e xa van tres consecutivos. O Liceo de Juan Copa venceu a un Palafrugell problemático e loitador para sumar un total de 25 puntos, que lle serven para permanecer na pugna pola primeira posición.

As numerosas baixas (o meta Javi Ponte debutou nunha convocatoria) non condicionaron o rendemento do equipo. Locais superiores e visitantes á espera de contraataques, táctica que xerou certo dano ós verdibrancos por momentos. O Deportivo Liceo foi o que se adiantou no marcador ós dez minutos e grazas a Jordi Adroher, aínda que a estratexia de Xavier García otorgou o empate ós branquinegros. O gol foi de Franco Ceschin nunha transición.

Pouco tardou o conxunto coruñés en recuperar a vantaxe (2-1) despois dunha gran acción de Jordi Burgaya ante Puigbí.

Un terceiro gol letal

Ese tanto golpeou ó Palafrugell, como é obvio, aínda que continuou pelexando. Non foi ata o segundo gol de Adroher, logrado de directa no 35, cando pareceu renderse. O 3-1 deu paso ó 4-1 (Dava Torres), ó 5-1 (hat trick do Mago) e ó 6-1 final do capitán como resultado dun Liceo xa desatado.

Juan Copa e os seus xogadores afrontarán a seguinte proba, de novo, en Riazor. O rival será o CP Alcobendas (sábado 11, 18:00h, HOCKEY GLOBAL).

FICHA TÉCNICA

DEPORTIVO LICEO: Carles Grau; Dava Torres, Àlex Rodríguez, Jordi Adroher, Roberto Di Benedetto (quinteto inicial), Jordi Burgaya e Marc Grau.

PALAFRUGELL: Xavi Puigbí; Franco Ceschin, Marc Figa, Sergi Canet, Romà Bancells (quinteto inicial), Adrián Candamio, Borja Ramón e Xavi Aldrich.

ÁRBITROS: Álvaro de la Hera Jáudenes e David Cantos Bonales. Mostraron cartón azul ó local Marc Grau e ó visitante Sergi Canet.

GOLES: 1-0 (Jordi Adroher, min. 5). 1-1 (Franco Ceschin, min. 14). 2-1 (Jordi Burgaya, min. 16). 3-1 (Jordi Adroher, min. 35). 4-1 (Dava Torres, min. 38). 5-1 (Jordi Adroher, min. 40). 6-1 (Dava Torres, min. 50).

Xornada 10 da OK Liga 21/22. Pazo dos Deportes (A Coruña).

Deixa un comentario