CRÓNICA | Derrota en Manlleu (3-1)

CRÓNICA | Derrota en Manlleu (3-1)

A entidade do rival non era pequena, pero a loita durou ata o final. O Deportivo Liceo caeu por primeira vez na presente OK Liga Feminina ante o Manlleu, vixente campión da Copa da Raíña que fixo valer o seu potencial. As xogadoras verdibrancas quedan así con tres puntos de seis posibles.

Nun choque de poder a poder, o acerto decantouse dun lado. Jordi Boada e as súas xogadoras amosaron poderío, ademáis de factor cancha, para adiantarse no marcador mediante unha gran Ana Casaramona. Recuperou unha bóla e ela mesma transformou o 1-0, chegado no minuto 14. Poucos máis pasaron ata que Joana Comas dobrou a vantaxe.

Aínda así, o Liceo tiña moito que dicir. Logrou acurtar distancias grazas a Adriana Soto, un dos nomes propios destas dúas primeiras xornadas. Ocorreu nunha excelente xogada individual polo costado esquerdo.

Ata a fin

O tanto espoleou ó resto de xogadoras liceístas, que deron guerra ata o último segundo. Viki Caretta neutralizou tódalas bólas paradas do Manlleu e as atacantes visitantes buscaron a Anna Ferrer, pero as triunfadoras foron as catalás. A calidade de Ana Casaramona foi suficiente para instaurar o 3-1 definitivo.

Coa derrota xa no pasado, o Deportivo Liceo recibirá ó Telecable na terceira xornada da competición (sábado 20, 20:00h).

FICHA TÉCNICA

CP MANLLEU: Anna Ferrer; Nara López, Ona Castellví, Elisabet Gurri, María Díez (quinteto inicial), Joana Comas, Ana Casaramona, Anna Bulló e María Anglada.

DEPORTIVO LICEO: Viki Caretta; Ale Martín, María Sanjurjo, Alba Garrote, Adriana Soto (quinteto inicial), Naiara Vaamonde, Lara Yáñez, Lucía Yáñez e Cris Diz.

ÁRBITRO: Xavier Valiente Soler. Sen cartóns.

GOLES: 1-0 (Anna Casaramona, min. 14). 2-0 (Joana Comas, min. 18). 2-1 (Adriana Soto, min. 19). 3-1 (Anna Casaramona, min. 37).

INCIDENCIAS: Xornada 2 da OK Liga Feminina 21/22. Pavelló Municipal de Manlleu.

Deixa un comentario