CRÓNICA | Amistoso e vitoria (10-2)

CRÓNICA | Amistoso e vitoria (10-2)

Imaxe: MANU BOUTUREIRA.

A OK Liga masculina continúa o seu parón debido ó Europeo de seleccións, pero o Deportivo Liceo non se detén. Cos seus internacionais (Carles Grau, Marc Grau, César Carballeira e Roberto Di Benedetto) lonxe da Coruña, venceu ó Alcobendas nunha proba amistosa celebrada no Pazo dos Deportes de Riazor.

Foi o día dos xogadores do OK Prata, capitaneados por un Danilo que anotou un hat trick. Tamén participaron Aldo Mejía, Fran Torres, Nanu Castro e Mati Bridge, que compartiron pista co resto de integrantes do primeiro equipo. Todos eles fixeron valer a súa superioridade desde o principio ante un rival da máxima categoría.

Dava Torres (que anotou cinco dianas) abriu a veda no sétimo minuto e a partir dese momento os goles chegaron sen descanso. O 2-0 tamén tivo a súa autoría, aínda que o Alcobendas acurtou distancias no 20. Foi anecdótico.

Imaxe: MANU BOUTUREIRA.

Choiva de goles e probas

O segundo acto foi un monólogo verdibranco. Anotou sete goles máis e tres deles, xa nomeados, tiveron a sinatura dun Danilo estelar. Juan Copa aproveitou o carácter do duelo para ofrecer minutos ós seus canteiráns, que rendiron de forma máis que óptima. Unha actuación digna dos líderes da OK Prata.

O 10-2 definitivo representou ben a autoridade do Deportivo Liceo, ó que aínda lle restan dúas semanas para regresar á OK Liga.

FICHA TÉCNICA

DEPORTIVO LICEO: Martín Garaboa; Nanu Castro, Jordi Burgaya, Dava Torres, Maxi Oruste (quinteto inicial), Dani López, Aldo Mejía, Nanu Castro, Fran Torres e Mati Bridge.

ALCOBENDAS: Isaac Larios; César Candanedo, Jordi Gabarra, Miguel López, Iñigo Artacho (quinteto inicial), Gonzalo de Grado, Nacho Castro, Alonso, Jorge López e Víctor Wally.

GOLES: 1-0 (Dava Torres, min. 7). 2-0 (Dava Torres, min. 11). 2-1 (Miguel López, min. 20). 3-1 (Maxi Oruste, min. 23). 4-1 (Maxi Oruste, min. 27). 5-1 (Dani López, min. 29). 6-1 (Dava Torres, min. 32). 7-1 (Dani López, min. 40). 8-1 (Dava Torres, min. 46). 9-1 (Dani López, min. 47). 9-2 (César Candanedo, min. 48). 10-2 (Dava Torres, min. 50).

Encontro amistoso. Pazo dos Deportes (A Coruña).

Deixa un comentario