O Deportivo Liceo disputará un amistoso ante o Alcobendas

O Deportivo Liceo disputará un amistoso ante o Alcobendas

Imaxe: HOCKEY GLOBAL.

O Deportivo Liceo atópase inmerso nun mes de parón pola disputa do Europeo de seleccións, pero a acción non se detén. Juan Copa e os seus xogadores, exceptuando ós internacionais Carles Grau, Marc Grau, César Carballeira e Roberto Di Benedetto, xogarán o vindeiro sábado 13 de novembro un encontro amistoso contra un dos seus rivais da OK Liga: o CP Alcobendas.

O partido celebrarase no Pazo dos Deportes de Riazor ás 17:30h. Por iso, en canto ó acceso de público, levarase a cabo o procedemento exacto das anteriores ocasións. Tres escenarios: un para abonados do Deportivo, outro para os socios do Liceo e un último para público xeral.

Abonados do Real Club Deportivo

O primeiro deles está novamente destinado ós abonados beneficiarios do convenio co Real Club Deportivo. Haberá 500 pases dispoñibles sen máis custo que o tempo dedicado á xestión, a realizar mediante a seguinte ligazón de Cluber:

No momento da chegada ós aledaños do Pazo dos Deportes, as persoas que apliquen esta posibilidade terán a obriga de presentar dous documentos: o código QR proporcionado por Cluber e o carnet do Real Club Deportivo.

Socios do Deportivo Liceo

O segundo escenario aplicarase ós socios do Deportivo Liceo, que deberán mostrar o código QR do seu carnet dixital á hora de entrar. Será a medida habitual mentres se xestionen os pases físicos. Polo tanto, neste caso non será necesaria maior xestión.

Público xeral

Por outra parte, o público xeral que desexe asistir ó encontro conta con entradas dispoñibles a un prezo de 5€ cada unha. Adquiriranse de forma online mediante outra ligazón de Cluber:

Agardámosvos en Riazor, Liceístas!

Deixa un comentario