Aínda é recente a excelente vitoria ante o Bigues i Riells, pero a OK Liga Feminina xa non para. O Deportivo Liceo, líder inicial da competición trala súa primera xornada, deberá defender esta posición na pista dun potente rival: o CP Manlleu (sábado 13, 18:00h).
O equipo catalán é o actual campión da Copa da Raíña, título curiosamente logrado no Pazo dos Deportes de A Coruña. Unha gran pedra de toque para as xogadoras de Carlos Loureiro. O conxunto de Jordi Boada, como elas, tamén inaugurou o seu camiño con triunfo: 0-3 na pista do CP Las Rozas, con dous goles de María Díez e outro de Ona Castellví.
O resto do mes de novembro tamén deixará dous choques de alta esixencia: a visita do Telecable a Riazor e a viaxe a Cerdanyola.