Volver ó grande. Con remontada incluida, o Deportivo Liceo aterrizou de novo na OK Liga Feminina cunha excelente actuación ante o Bigues i Riells para sumar os tres primeiros puntos da tempada. Pouco tempo debeu pasar para que o conxunto de Carlos Loureiro, vestido esta vez de camiseta negra e pantalón branco, convertera a súa intención en feitos.
Combatiu de principio a fin, aguantou as embestidas rivais e exerceu as súas propias. O primeiro gol, no décimo minuto, caeu do lado do Bigues mediante Sofía Reyes, pero só pasou un máis ata o empate. Foi de Adriana Soto, unha das incorporacións do curso.
Apareceu Viki Caretta, outra das fichaxes, para aguantar os contraataques visitantes. Tamén os seus paus. Ambos foron chave para que un penalti de Erika Ghirardello non acabara dentro, pouco antes de que a propia Adriana Soto remontara (minuto 21) cun disparo raso e potente.
Golpe na mesa
As liceístas xestionaron a vantaxe e demostraron eficacia de cara a porta. Fórmula do éxito. Caretta detía e o resto marcaba golazos, empezando cun disparo lonxano da debutante Alba Garrote. Bea Gaete anotou o 4-1 pouco despois e a mencionada Alba, nunha falta directa, marcou o 5-1 definitivo cunha xenial acción. A guinda perfecta para a festa.
O vindeiro compromiso do equipo de Carlos Loureiro, todavía con moitas probas por diante, será unha complicada visita ó Manlleu (sábado 13, 18:00h).
FICHA TÉCNICA
DEPORTIVO LICEO: Viki Caretta; Naiara Vaamonde, Luchy Paz, María Sanjurjo, Alba Garrote (quinteto inicial), Ale Martín, Bea Gaete, Adriana Soto e Lucía Yáñez.
BIGUES I RIELLS: Julia Vilarrasa; Sofía Reyes, Aina Serra, Marta Borràs, Erika Ghirardello (quinteto inicial), Daniela Cañadó, Gemma Camp, Marlena Rubio e María Igualada.
ÁRBITROS: Lorenzo Bosch Sande (principal) e Iñigo López-Leitón Zapico (auxiliar). Sen cartóns.
GOLES: 0-1 (Sofía Reyes, min. 10). 1-1 (Adriana Soto, min. 11). 2-1 (Adriana Soto, min. 21). 3-1 (Alba Garrote, min. 41). 4-1 (Bea Gaete, min. 42). 5-1 (Alba Garrote, min. 46).
INCIDENCIAS: Xornada 1 da OK Liga Feminina 21/22. Pazo dos Deportes de Riazor.