Imaxe: HOCKEY GLOBAL.
Chega o partido de partidos do hockey sobre patíns nacional. Polo menos, un do mínimo de dous que se celebran durante a tempada. Ó Deportivo Liceo tócalle visitar o Palau Blaugrana (domingo 24, 12:15h, TVG 2 e OKLIGA.TV) para xogar contra o Barça, actual líder da OK Liga e un dos equipos máis potentes do panorama internacional.
A carta de presentación do rival no actual curso asusta. Gañou tódolos seus partidos ata o de agora con 18 puntos de 18 posibles, ademáis de ser o máximo goleador (43) e o menos goleador (11). A pesar de semellantes estadísticas, o Liceo non queda atrás grazas ós seus 16 puntos (dous menos) e ós seus 14 goles encaixados, tan só tres menos que o trasatlántico culé.
Doces precedentes
Ademáis, o propio equipo verdibranco xa demostrou que vencer en Barcelona é posible. O seu técnico, Juan Copa, mostrouse motivado na previa do compromiso pero á vez conscente da magnitude do obstáculo: “Temos gañas de Clásico e, evidentemente, de repetir a vitoria da tempada pasada. Será complicado, é difícil gañar nunha pista como esa, pero imos coa intención de competir e facer un bo partido. Queremos un resultado positivo como os que estamos a lograr recentemente”, declarou.
Sen baixas e con catro internacionais
O míster contará coa totalidade do seu plantel para procurar superar este complicado partido: Carles Grau, Martín Garaboa, César Carballeira, Dava Torres, Roberto Di Benedetto, Jordi Burgaya, Àlex Rodríguez, Jordi Adroher, Maxi Oruste e Marc Grau. Non viaxará a Barcelona ningún xogador do OK Prata.
Os irmáns Grau e César Carballeira, ademáis, pisarán a pista do Palau coa súa recente convocatoria internacional baixo o brazo, tras recibir a chamada de Guillem Cabestany para formar parte do equipo español no Europeo de Portugal (mes de novembro). Tamén é o caso de Roberto Di Benedetto co combinado francés.
OFICIAL | Guillem Cabestany convoca a CARLES GRAU, CÉSAR CARBALLEIRA y MARC GRAU para el próximo Europeo de Portugal. ¡Merecido premio al trabajo bien hecho!
¡Y enhorabuena a los exliceístas @xavimalian1 y @ToniPerez57, también convocados por Guillem Cabestany!
📸 @hockeyglobal pic.twitter.com/I3TyFetSiI
— Hockey Club Liceo (@HockeyClubLiceo) October 18, 2021
ROBERTO DI BENEDETTO formará parte de la Selección de Francia que disputará el Europeo (14-20 de noviembre).
Sus hermanos CARLO y BRUNO, ambos exliceístas, también han sido convocados.
¡Enhorabuena a los tres!
📸 @hockeyglobal pic.twitter.com/q3AjwuBMqz
— Hockey Club Liceo (@HockeyClubLiceo) October 22, 2021
Sen Pablo Álvarez pero co mesmo perigo
O equipo dirixido por Edu Castro conta coa baixa do arxentino Pablo Álvarez para a presente tempada, aínda que o seu potencial apenas variou. Iso demostran os seus números na OK Liga, responsabilidade de homes como Pau Bargalló, Matías Pascual, Hélder Nunes, Aitor Egurrola ou Ignacio Alabart (entre outras figuras).
O obxectivo culé será o de deter a boa racha a favor dos liceístas, vitoriosos nos últimos dous partidos entre ambos contendentes. Ademáis, en datas chave: as finais da Supercopa de España e da Copa do Rei, que proclamaron ó Deportivo Liceo como campión.