Adiada a segunda xornada de OK Prata do filial masculino

Adiada a segunda xornada de OK Prata do filial masculino

Imaxe: HOCKEY GLOBAL.

A segunda cita do filial masculino liceísta, dirixido por Stanis García, terá que esperar. O choque ante o Lloret, inicialmente programado para o sábado 23 de outubro, foi adiado a seis días despois.

Polo tanto, a visita a Cataluña terá lugar o venres 29 de outubro ás 21:30h. Un duro partido contra un recén descendido que, ademáis, irá sucedido por unha terceira xornada prácticamente pegada. O Deportivo Liceo aproveitará a súa estancia para tamén visitar ó Arenys de Munt o sábado 30 ás 19:00h (salvo trocos de última hora).

O obxectivo de ambos compromisos será continuar o bo inicio do novísimo plantel, protagonista dunha importante vitoria ante o forte Mataró na xornada inicial da OK Prata (Grupo Norte).

Deixa un comentario