PREVIA OK LIGA (X6) | Pedra de toque

PREVIA OK LIGA (X6) | Pedra de toque

Imaxe: HOCKEY GLOBAL.

O sábado 16 de outubro, pase o que pase, será unha auténtica festa do deporte coruñés. Ás 19:00h xogará o Real Club Deportivo, mentres que dúas horas antes será o turno do Deportivo Liceo nun compromiso de alta dificultade. O visitante do Pazo e responsable diso será o sempre complicado Reus Deportiu (17:00h, HOCKEY GLOBAL).

Deberá superar, iso si, a un recinto que estará cheo de liceístas e deportivistas. Tamén ó actual segundo clasificado da OK Liga, con trece puntos de quince posibles e unha sucesión de tres triunfos consecutivos logrados fronte a Calafell, Voltregà e Igualada.

Un partido especial para Àlex Rodríguez

Tampouco será un día máis para Àlex Rodríguez, membro do Reus ata o pasado verán. Como reusense viviu os seus anos de consolidación como xogador de élite, coronados co título de MVP da OK Liga 20/21. Os seus 52 goles foron clave na elección.

En canto á convocatoria, Juan Copa poderá contar con todo o seu plantel para procurar superar esta complicada xornada: Carles Grau, Martín Garaboa, César Carballeira, Dava Torres, Roberto Di Benedetto, Jordi Burgaya, Jordi Adroher, Maxi Oruste, Marc Grau e o propio Rodríguez.

Imaxe: HOCKEY GLOBAL.

Non completará a lista ningún xogador do OK Prata, equipo que debutará no Grupo Norte xusto á mesma hora da celebración do partido.

Un Reus de máis a menos

É innegable o poderío do Reus Deportiu, dirixido un ano máis por Jordi García, aínda que pasa por un bache que buscará eliminar no Pazo. Comezou a actual OK Liga con dúas vitorias consecutivas contra Igualada e Palafrugell, posteriormente sucedidas por tres partidos sen triunfar. Unha derrota e dous empates que lle colocan na quinta posición con oito puntos, 20 goles anotados e 21 encaixados.

Dos anotados ten gran parte de responsabilidade Raúl Marín, o estandarte ofensivo do equipo. Unha lesión apartoulle do tramo final da pasada tempada, pero o seu regreso non puido ser mellor. Once goles dos 20 do conxunto, máis da metade, e pichichi actual da competición xunto a Sergi Canet (Palafrugell). Sen dúbida, un home ó que ter en conta.

Deixa un comentario