CRÓNICA | Polo bo camiño (1-5)

CRÓNICA | Polo bo camiño (1-5)

Imaxe: ALBA TARRÉS.

Paso a paso, pero da forma correcta. O Deportivo Liceo de Juan Copa saldou cunha gran vitoria a súa visita a Igualada, ó que venceu remontando e a base de pizarra. O conxunto verdibranco continúa na segunda posición da OK Liga grazas ós seus trece puntos de quince posibles.

Sen embargo, como quedou dito, o partido non empezou ben. O Liceo si rozou o gol nun disparo ó ferro de Jordi Adroher, pero o local Marc Palau respondeu pouco despois coa mesma acción. Foi o aviso que precedeu ó gol do Igualada, anotado por Ton Baliu ós oito minutos de xogo.

O que apareceu para arreglar o problema foi Dava Torres, que atopou porta meses despois. Rematou no segundo pau un gran pase de César Carballeira e tras unha xogada que se repetiría no resto de goles liceístas. Só trocaron os autores. O 1-2 (minuto 22) tivo a Di Benedetto como asistente e a Jordi Adroher como goleador. O francés asistiu de novo no terceiro, con Dava Torres de executor (minuto 24).

Roberto Di Benedetto repartiu tres asistencias de gol. Imaxe: ALBA TARRÉS.

Tres puntos de pizarra

Juan Copa foi quen de explotar o punto débil do rival para anotar dous máis. Un pouco diferente foi o 1-4, logrado tras un bo contraataque no que Àlex Rodríguez e Di Benedetto encararon a Guillem Torrents. O primeiro asistiu e o segundo fusilou.

Tampouco defraudou Carles Grau, responsable de eliminar as poucas ocasións que protagonizaron os cataláns. Foi chave en dúas xogadas concretas. Na primeira detivo un claro achegamento de Gerard Riba e na segunda utilizou o stick para neutralizar unha falta directa executada por Bernat Yeste. Un seguro na portería.

Redondeou o resultado Dava Torres co seu hat trick persoal, idéntico ó resto de dianas. Apareceu no segundo pau para materializar outra gran xogada individual de Roberto Di Benedetto, que conseguía así a súa terceira asistencia de gol.

De pouco descanso disfrutará o Deportivo Liceo, posto que o sábado deberá facer fronte a unha dura sexta xornada. O Pazo dos Deportes de Riazor terá como invitado ó Reus Deportiu (17:00h).

FICHA TÉCNICA

IGUALADA: Guillem Torrents; Ton Baliu, Bernat Yeste, César Vives, Marc Palau (quinteto inicial), Marc Carol, Gerard Riba, Alex Cantero e Aleix Marimon.

DEPORTIVO LICEO: Carles Grau; Àlex Rodríguez, Roberto Di Benedetto, Marc Grau, Jordi Adroher (quinteto inicial), Maxi Oruste, Dava Torres, César Carballeira e Jordi Burgaya.

ÁRBITROS: Sánchez García e Moreno Tudela. Mostraron cartón azul a Ton Baliu por parte do Igualada. No Deportivo Liceo viuna César Carballeira.

GOLES: 1-0 (Ton Baliu, min. 8). 1-1 (Dava Torres, min. 13). 1-2 (Jordi Adroher, min. 22). 1-3 (Dava Torres, min. 24). 1-4 (Roberto Di Benedetto, min. 28). 1-5 (Dava Torres, min. 45).

Xornada 5 da OK Liga 21/22. Complejo Deportivo Les Comes (Igualada).

Deixa un comentario