A pretempada do Deportivo Liceo non para. Nunha nova e esixente proba, as xogadoras dirixidas por Carlos Loureiro enfrontáronse ó seu mesmo rival da pasada semana: o Sporting de Portugal. No seu día saíron vitoriosas, pero non foi o caso desta revancha.
Foi un partido máis de rodaxe seria que comezou realmente ben. Ós escasos segundos de xogo, Naiara demostrou novamente a súa capacidade goleadora co 0-1. Aínda así, quedaba moito por escribir. Encargouse de recordalo o Sporting mediante Rute Lopes, que empatou seis minutos despois.
A segunda metade mostrou a un equipo rival con máis pegada, e para proba o marcador. Moncóvio colocou un 2-1 neutralizado pouco despois pola propia Naiara. Pouco durou. O acerto materializouse en forma de 5-2 final. Non tapa o que volveu a amosar o Liceo: que pode facerlle dano serio ós máis grandes.
Pouco máis de doce horas pasarán para o vindeiro amigable de Carlos Loureiro e as súas xogadoras. O rival será nada menos que o Benfica (12:00h de España).
FICHA TÉCNICA
SPORTING CP: Claudia Vicente; Inês Arrais, Rute Lopes, Margarida Florêncio, Ana Catarina (quinteto inicial), Inês Açoreira, Sofia Moncovio, Inês Vieira, Rita Batista e Alice Vicente.
DEPORTIVO LICEO: Viki Caretta; Cris Diz, Luchy Paz, María Sanjurjo, Naiara Vaamonde (quinteto inicial), Andrea Ojeda, Alba Garrote, Lara Yáñez, Lucía Yáñez, Ale Martín, Isa Barros e Katy Guscin.
GOLES: 0-1 (Naiara Vaamonde, min. 1). 1-1 (Rute Lopes, min. 7). 2-1 (Sofia Moncóvio, min. 31). 2-2 (Naiara Vaamonde, min. 37). 3-2 (Ana Catarina, min. 42). 4-2 (Rute Lopes, min. 45). 5-2 (Inês Açoreira, min. 47).
Troféu Stromp. Pavilhão João Rocha (Lisboa).