Imaxe: HOCKEY GLOBAL (Mónica Arcay).
O Deportivo Liceo de Juan Copa continúa a súa preparación nunha importante semana, marcada por dúas probas ante rivais de entidade. Os verdibrancos, co plantel e o corpo técnico xa conformados, adestrarán e viaxarán a Portugal.
En terras lusas, o Liceo xogará contra o Oliveirense (novo equipo do arxentino Franco Platero) e a AD Valongo. Serán, respectivamente, o venres 20 (20:00h, hora española) e o sábado 21 (18:00h, hora española). Ademáis, actualmente están confirmados outros tres amistosos:
- 28 de agosto: DEPORTIVO LICEO – SPORTING DE PORTUGAL. Presentación do equipo no Pazo dos Deportes de Riazor.
- 4 de setembro: SPORTING DE PORTUGAL – DEPORTIVO LICEO.
- 5 de setembro: BENFICA – DEPORTIVO LICEO.
O 11 e o 12 de setembro serán os días de celebración da Supercopa de España de Noia, adiantada pola disputa do campionato europeo masculino de seleccións. Suporá o inicio da tempada oficial, que unha semana despois (18 de setembro) vivirá o asubío inaugural da OK Liga 21/22.