Imaxe: HOCKEY GLOBAL (Mónica Arcay).
O Deportivo Liceo de Juan Copa, na súa edición 21/22, arrancará o vindeiro luns 2 de agosto. Será a data de inicio dunha importante pretempada, preámbulo dun curso tan esixente como ilusionante.
No radar atópanse xa os comezos dos primeiros camiños. Un deles mostra ó 11 e ó 12 de setembro como días de disputa da Supercopa de España de Noia, adiantada pola celebración do campionato europeo masculino de seleccións. Unha semana despois (18 de setembro) iniciarase a OK Liga.
Coñécense tamén as datas dos primeiros partidos de preparación, con horarios aínda por confirmar:
- 21 de agosto: AD VALONGO – DEPORTIVO LICEO.
- 28 de agosto: DEPORTIVO LICEO – SPORTING DE PORTUGAL. Presentación do equipo no Pazo dos Deportes de Riazor.
- 4 de setembro: SPORTING DE PORTUGAL – DEPORTIVO LICEO.
- 5 de setembro: BENFICA – DEPORTIVO LICEO.
Excepto o mencionado do 28 de agosto, todos terán lugar en terras lusas.
Están citados por Juan Copa tódolos membros do plantel: Carles Grau, Martín Garaboa, César Carballeira, Maxi Oruste, Jordi Burgaya, Àlex Rodríguez, Marc Grau, Jordi Adroher e Roberto Di Benedetto. Tamén o mancado Dava Torres, que realizará tareas específicas. O domingo 1 de agosto levaranse a cabo as debidas probas médicas. O luns 2 ás 10:45h haberá traballo de ximnasio e posteriormente, ás 12:00h, comezará o traballo de pista.