Validez e devolucións dos abonos da Copa

Validez e devolucións dos abonos da Copa

Imaxe: HOCKEY GLOBAL (Mónica Arcay).

Dentro das complicadas circunstancias sanitarias que aínda vivimos e que imposibilitaron a celebración da Copa en 2020, o Deportivo Liceo comunica tres posibilidades de actuación á xente que adquiriu o abono de dito ano.

 

1- CONFIRMACIÓN DO USO DO ABONO. O poseedor do pase que desexe asistir á edición de 2021 (10-13 xuño) deberá comunicalo ó club vía correo electrónico. Será a administracion@hockeyclubliceo.com, incluindo NOME, APELIDOS e DNI, antes do luns 31 de maio ás 23:59h. Ante esto, a entidade debe facer dúas aclaracións:

-Se se posee un abono familiar, os datos anteriormente mencionados deberán facilitarse de TODAS as persoas incluidas no pase. Se falta algunha, entenderase que non confirma o uso.

-Lamentablemente, a difícil situación de pandemia pode provocar un aforo limitado no Pazo dos Deportes. Polo tanto, é posible que a confirmación do uso do abono non implique a confirmación da asistencia definitiva.

 

2- SOLICITUDE DE DEVOLUCIÓN DO IMPORTE. Neste caso, o interesado tamén deberá dirixirse a administracion@hockeyclubliceo.com antes do luns 31 de maio ás 23:59h e incluindo NOME, APELIDOS e DNI.

No caso do abono familiar, tamén se deberán facilitar os datos de TODAS as persoas incluidas no pase. Se falta algunha, entenderase que non solicita esta opción. O importe devolverase antes do 30 de xuño a través de transferencia bancaria.

 

3- SEN RESPOSTA. En caso de non recibir un mail do poseedor co prazo cumprido, xa sexa confirmando a súa intención de asistir ou de solicitar a devolución do importe, o club entenderá que dona os cartos á entidade para unha mellor celebración do evento.

 

O Deportivo Liceo quere agradecer á afección a súa comprensión e paciencia ó longo de toda a tempada. Tanto pola asistencia limitada ós partidos de OK Liga como polo referente á celebración da Copa do Rei e da Raíña. Todo iso afectado por unha terrible situación sanitaria que, por fortuna, parece tocar o principio da súa fin.

Deixa un comentario