Juan Copa valora o cadro da Copa do Rei 2021

Juan Copa valora o cadro da Copa do Rei 2021

Imaxe: HOCKEY GLOBAL.

Este xoves 20 de maio celebrouse o sorteo dos cadros de competición da Copa do Rei e da Raíña 2021, a disputar no Pazo dos Deportes de Riazor (A Coruña) do 10 ó 13 de xuño. O Deportivo Liceo xa coñece o cadro da categoría masculina e ó seu rival inicial: o CP Voltregà, ó que se enfrontará na primeira xornada do evento (horario por confirmar).

O cadro completo é o seguinte:

Cuartos de final

Deportivo Liceo – CP Voltregà Stern-Motor (xoves 10)
Recam Làser CH Caldes – CE Lleida Llista Blava (xoves 10)
Reus Deportiu Miró – Garatge Plana CH Girona (venres 11)
Barça – CE Noia Freixenet (venres 11)

Semifinais

Gañador partido 1 – Gañador partido 2 (sábado 12)
Gañador partido 3 – Gañador partido 4 (sábado 12)

Final

Gañador semifinal 1 – Gañador semifinal 2 (domingo 13)

Juan Copa, técnico do Deportivo Liceo, valorou o emparellamento contra o sempre complicado Voltregà: “É unha das revelacións porque fixeron unha gran campaña. Recuperouse moito de pasada á actual. Aínda así calquera equipo ía ser difícil, serán partidos con carácter de final”.

De todas maneiras, aínda restan deberes por rematar antes de chegar á Copa do Rei: “Agora o que temos que facer é acabar os dous partidos que quedan da competición de Liga”, declarou o preparador coruñés.

O sorteo contou coa presenza da alcaldesa da cidade, a Sra. Inés Rey; a Concelleira de Deportes de A Coruña, a Sra. Mónica Martínez; o Delegado Provincial de Deportes da Xunta en A Coruña, o Sr. Roberto García; e o Presidente da Real Federación Española de Patinaxe, D. Carmelo Paniagua, entre outras figuras.

Imaxe: HOCKEY GLOBAL (Mónica Arcay).

Deixa un comentario