Imaxe: HOCKEY GLOBAL (Mónica Arcay).
O regreso da OK Liga a Riazor tamén irá da man da afección liceísta. O público xeral, socio do Deportivo Liceo ou non, pode adquirir desde este momento os pases para o partido contra o Reus Deportiu (sábado 22, 20:00h) a través da plataforma Cluber.
O aforo permitido ascende ás 1.100 persoas. No caso de non poder ir ó Pazo, o afeccionado poderá seguir o derradeiro choque como local do Liceo nesta OK Liga 20/21 grazas á retransmisión de HOCKEY GLOBAL.
O proceso poderá levarse a cabo mediante a seguinte ligazón:
O interesado ou interesada deberá facilitar os datos DE CADA UN (un socio familiar, por exemplo, debe sacar unha entrada para cada un) para posteriormente recibir un código QR, que se deberá presentar á hora de entrar no recinto. Este trámite terá un custo de 1 € para os socios, mentres que os no socios tamén deberán sumar os 5 € do valor do pase. No día de partido, as portas estarán abertas a partir das 19:00h para unha entrada escalonada por franxas horarias e portas.
Para casos excepcionais, a venda dos pases tamén poderá realizarse nas oficinas do club dentro do seu horario de actividade (de 17:00h a 20:30h).
O Deportivo Liceo lémbralle ós asistentes a obrigatoriedade das medidas de prevención: distancia de seguridade, uso de mascarilla, uso do xel desinfectante de mans e, en resumo, seguir as indicacións do persoal do Pazo dos Deportes. De todas maneiras, se varios dos afeccionados son convivintes poderán sentarse sen distancia (só tras venda conxunta en oficinas).