CRÓNICA | Outra fazaña (2-1)

CRÓNICA | Outra fazaña (2-1)

Imaxe: HOCKEY GLOBAL (Mónica Arcay).

Difícilmente superable. O Deportivo Liceo de Juan Copa venceu a un excelente Lleida (2-1) e firmou unha primeira volta casi perfecta. 14 vitorias e un empate que aúpan ó equipo coruñés no liderado da OK Liga. Un triunfo nada fácil.

Dous minutos tardou o Lleida en dar o primeiro aviso serio, pero o Liceo aguantou ben. Joan Cañellas rozou o 0-1 tras rematar un rexeite de Carles Grau, pero César Carballeira replicou a embestida pouco despois. Roberto Di Benedetto, esta vez rival do seu mellizo Bruno, avisou novamente cunha bóla que pegou no ferro de Serra.

A milímetros estivo o conxunto catalán de estrear o marcador cunha gran definición. Petou no pao esquerdo de Carles Grau e paseouse pola súa zona, pero para rematar lonxe dela. Ante 250 espectadores liceístas, instalouse a igualdade. Calquera podía marcar, pero ninguén o facía. O equipo de Albert Folguera amosou a súa solidez defensiva e o Liceo non foi menos. O partido estaba en detalles, e así chegou ó entretempo.

Dous grandes rivais

O choque comezou con ocasións e o seu segundo acto tamén. Cañellas enviou fóra un man a man ante Carles Grau e o Liceo anotou un gol considerado ilegal polos árbitros. A balanza desequilibrouse lixeiramente a favor dos visitantes en canto á claridade das oportunidades, pero o Liceo non lle perdeu a cara ó partido. Carballeira rozou o 1-0 mentres o seu equipo amosaba máis capacidade de maduración das xogadas, pero o Lleida tiña pólvora.

36 minutos de intercambio de golpes levaron ó primeiro gol. Foi de cor verde. Maxi Oruste culminou unha boa xogada colectiva que superou ó xenial Martí Serra. Tanto importantísimo para os intereses liceístas. Jepi Selva sumou un ferro máis para o Lleida tras unha falta directa, evidenciando que a fortuna non estaba do seu lado. Si acertou Jordi Adroher, nunha nova exhibición que significou o 2-0. Ouro puro para o Liceo, que gañou o partido a pesar do 2-1 de Oriol Vives.

A vindeira cita do líder flamante da OK Liga será o sábado 23 ás 18:00h. Recibirá no Pazo ó Igualada no primeiro partido da segunda volta.

FICHA TÉCNICA

DEPORTIVO LICEO: Carles Grau, César Carballeira, Maxi Oruste, Dava Torres, Roberto Di Benedetto (cinco inicial), Franco Platero, Jordi Adroher e Marc Grau.

CE LLEIDA: Martí Serra, Joan Cañellas, Oriol Vives, Andreu Tomàs, Bruno Di Benedetto (cinco inicial), Jepi Selva, Sergi Duch e Sergi Folguera.

GOLES: 1-0 (Maxi Oruste, min. 36). 2-0 (Jordi Adroher, min. 45). 2-1 (Oriol Vives, min. 50).

ÁRBITROS: Díaz Cosme e Sánchez García. Amonestaron con cartón azul ó local Roberto Di Benedetto e ó visitante Andreu Tomàs.

INCIDENCIAS: Partido correspondente á xornada 15 da OK Liga 20/21. Pazo dos Deportes de A Coruña, 250 espectadores.

Deixa un comentario