Imaxe: HOCKEY GLOBAL (Mónica Arcay).
O Deportivo Liceo ten ante si a oportunidade de rematar a primeira volta da OK Liga como líder invicto. Non da campionatos, pero sempre é mellor conseguilo que deixalo escapar. Intentará facelo ante o CE Lleida (martes 19, 19:30h, HOCKEY GLOBAL) nun partido de alto nivel, pois o equipo catalán é o actual terceiro clasificado da competición. Aínda así, os liceístas estarán arropados por 250 persoas no Pazo dos Deportes de Riazor.
Recibirán ó Lleida, ademáis, despois de dobregar ó Reus na súa casa. Outro dos duelos directos da zona alta, que rematou cun 1-3 a favor dos verdes. O rival desta xornada, sen embargo, será outro obstáculo de importante magnitude. Albert Folguera e os seus aterrizarán en A Coruña tras catro vitorias consecutivas, só precedidas por unha derrota (4-5) ante o Barcelona. Un dos únicos catro partidos nos que deixaron puntos polo camiño. Dous dos seus dez triunfos son nada menos que ante o Reus e o Caldes.
Juan Copa, técnico do Liceo, falou en HOCKEY GLOBAL do potencial de semellante contendente: “Eu non lles chamaría revelación, levan anos así e competindo moi ben. Albert leva moitos anos facendo un traballo enorme e este reforzáronse de forma importante”.
Regreso de Bruno Di Benedetto
Un deses reforzos é Bruno, outro dos eslabóns da familia Di Benedetto. Irmán de Carlo e de Roberto, todos eles relacionados co Liceo, regresará ó Pazo dos Deportes despois da súa estancia no equipo coruñés.
Roberto, o seu mellizo, falou en HOCKEY GLOBAL sobre el e o potencial do seu Lleida (do que é antigo xogador): “É un equipo que vai terceiro, igual sorprende a moita xente pero asinaron a bos xogadores. Están onde merecen. Vai ser un partido especial para min, será a primeira vez que xogue contra Bruno. Xa o fixera contra Carlo. Para os meus pais si que será un partido complicado”, declarou entre risas.
Non só viaxará Bruno. Tamén o resto de homes fortes dun plantel de nivel. Oriol Vives e Jepi Selva encabezan a lista de goleadores do Lleida con 13 e 12, pero Albert Folguera tamén contará con grandes activos como Joan Cañedas ou Andreu Tomàs. Un grupo forte capaz de facerlle dano a calquera equipo da OK Liga.
Con todos dispoñibles
Pola súa parte, Juan Copa contará coa totalidade do seu plantel para intentar firmar unha primeira volta inmaculada. Ó mencionado Roberto Di Benedetto sumaranse Carles Grau, Martín Garaboa, César Carballeira, Franco Platero, Dava Torres, Maxi Oruste (outro ex do Lleida), Fabri Ciocale, Jordi Adroher e Marc Grau. Son os homes que continúan no liderado da OK Liga con tres puntos de diferencia con respecto ó Barcelona, segundo clasificado.