Imaxe: HOCKEY GLOBAL (Mónica Arcay).
O Deportivo Liceo recibirá ó CE Lleida o martes día 19 de xaneiro, como estaba previsto, pero a cita será finalmente ás 19:30h e non ás 21:00h. As novas medidas contra a COVID-19 instauradas pola Xunta de Galicia, que inclúen o toque de queda ás 22:00h, levaron ó club a solicitar o cambio de horario á Real Federación Española de Patinaxe.
Para dito partido, o Pazo dos Deportes poderá albergar a un máximo de 250 espectadores. Como é habitual desde o comezo da tempada, os socios poderán solicitar a asistencia ó encontro mediante un correo electrónico a administracion@hockeyclubliceo.com, tendo prioridade os que todavía non foran a ningún partido.
O prazo comeza desde este mismo momento e ata ás 14:00h do luns día 18. No correo deberán incluirse NOME, APELIDOS e DNI de todos os solicitantes. Tamén un NÚMERO DE TELÉFONO.
O Deportivo Liceo desexa recordarlle ós asistentes que será obrigatorio tomar as medidas de prevención que sexan necesarias: distancia de seguridade, uso de mascarilla en todo momento, uso do xel desinfectante de mans e, resumidamente, seguir as indicacións do persoal do Pazo dos Deportes.