Fin de semana de intenso traballo para o Deportivo Liceo, que terá catro citas lonxe do foco do primeiro equipo. O día 16 de xaneiro será o que máis concentración de partidos reúna, con tres correspondentes ó Senior masculino, ó Feminino e ó OK Prata. Respectivamente, xogarán ás 11:00h, ás 18:00h e ás 20:00h.
O equipo Senior, primeiro en entrar en escena, recibirá ó Compañía de María no derradeiro choque da fase regular da competición. O gañador alzarase como campión do Grupo Norte, pero o empate otorgaríalle ese honor ó rival do Deportivo Liceo. Sexa como sexa, os verdes xa están matemáticamente clasificados para os cuartos de final do playoff, que se celebrarán o 30 de xaneiro e o 7 de febreiro.
Ás 18:00h xogará o Feminino, que recibirá ó HC Cambre. Ambos equipos xa se enfrontaron na anterior xornada, celebrada na pista de estas últimas co resultado de 1-1. Será a antepenúltima cita da fase regular, que de momento ten ás liceístas como segundas clasificadas só detrás do HC Borbolla.
Pechará o sábado 16 o OK Prata dirixido por Stanis García, que visitará ó PHC Sant Cugat ás 20:00h. Será tras unha fin de semana de inactividade, xa que o Areces Pavitek comunicou uns casos positivos en COVID-19 que imposibilitaron a celebración do partido. O filial do Liceo é cuarto clasificado con 17 puntos, pero co mencionado compromiso menos con respecto ós tres equipos que lle superan.
Por outra parte, o domingo 17 ás 12:00h comezará a andadura do Liceo na Liga Junior. Será ante o HC Cambre, como no caso do Feminino, e dará paso a unha fase de grupos que durará 10 xornadas e rematará o 24 de abril. En caso de clasificación, comezaría unha fase de eliminatorias. Podes consultar o calendario completo na web da Federación Galega de Patinaxe.