CRÓNICA | Vitoria de prestixio (1-3)

CRÓNICA | Vitoria de prestixio (1-3)

Imaxe: David Valiente.

Triunfo importantísimo do Deportivo Liceo ante o Reus (1-3) que permite que os xogadores dirixidos por Juan Copa continúen unha xornada máis no liderado da OK Liga. A proba, de alta dificultade, foi superada cun rendemento aínda máis alto.

A igualdade de potencial entre ambos equipos, ó contrario que no acontecido na Supercopa, deixou un inicio equilibrado e máis tranquilo. Aínda así, o devir dos feitos caeu do lado do Deportivo Liceo. Tanto que o encargado de inaugurar o marcador foi o equipo de Juan Copa, grazas ó excelente Jordi Adroher.

A punto estivo o propio catalán de sumar o 0-2 pouco despois, pero Càndid Ballart detivo o seu intento. Replicoulle Carles Grau, que neutralizou dúas ocasións importantes do Reus para chegar ó descanso coa solidez defensiva característica do Liceo. Un partido positivo tanto en resultado como en sensacións.

Solidez e control

O regreso á pista do Palau d’Esports significou a chegada de máis boas novas. O Liceo anotou o 0-2 grazas a César Carballeira, que ampliou distancias no mellor momento posible. Jordi García, técnico do Reus, utilizou rápidamente un tempo morto para reorganizar ó seu equipo. Potencial para empatar, ou incluso para remontar, non lle faltaba. Aínda así, os seus tres homes máis perigosos (Julià, Rodríguez e Marín) non apareceran tanto como na Supercopa.

De feito, o 1-2 estivo a punto de chegar unha vez rematado o tempo morto. Un Carles Grau inmenso mantivo o resultado, e o de sempre apareceu para aumentalo. O de sempre chámase Jordi. Apellídase Adroher. 0-3 a falta de 17 minutos para o final nunha das pistas máis complicadas da OK Liga. El mesmo rozou o 0-4 nunha falta directa, pero Ballart parou a súa definición.

Si recortou distancias o Reus grazas a Álex Rodríguez. Quedaban todavía cinco minutos, pero non foron suficientes para que Jordi García e os seus nivelaran o marcador.

Este importantísimo triunfo do Liceo precederá ó seu regreso ó Pazo dos Deportes de Riazor. Será en outra gran proba ante o Lleida.

FICHA TÉCNICA

REUS DEPORTIU: Càndid Ballart, Romà Bancells, Marc Julià, Àlex Rodríguez, Raúl Marín (cinco inicial), Pablo Nájera, Joan Salvat e Felipe Castro.

DEPORTIVO LICEO: Carles Grau, César Carballeira, Franco Platero, Dava Torres, Roberto Di Benedetto (cinco inicial), Jordi Adroher, Marc Grau, Maxi Oruste e Fabri Ciocale.

GOLES: 0-1 (Jordi Adroher, min. 15). 0-2 (César Carballeira, min. 27). 0-3 (Jordi Adroher, min. 33). 1-3 (Àlex Rodríguez, min. 45).

ÁRBITROS: Ribo Navarro y Calonge Barrio. Sen cartóns azuis.

INCIDENCIAS: Partido correspondente á xornada 14 da OK Liga 20/21. Palau d’Esports de Reus, porta pechada.

Deixa un comentario