Imaxe: Hockey Global (Mónica Arcay).
É, prácticamente, rematar un partido e comezar outro. Case sen tempo para dixerir os sufridos tres puntos contra o Voltregà, o Deportivo Liceo debe redondear a súa mini-xira por Cataluña na pista do Lloret (venres 20, 20:00h, OKLIGA.TV). Este partido permitirá ós xogadores de Juan Copa recuperar todos os seus compromisos pendentes, e polo tanto o liderado en solitario en caso de vitoria.
O equipo coruñés, ata agora, xogou sete encontros con pleno de triunfos. Un oitavo consecutivo en Lloret significaría alcanzar a cifra de 24 puntos, tres máis có Barcelona, que agora supera ó Liceo na clasificación por diferencia de goles (38 a 36). O reto non só consistirá en lograr esa ansiada vitoria, senón en impedir que a acumulación recente de compromisos (será o terceiro partido en seis días) pase factura físicamente.
Un Lloret que todavía no conoce la victoria
O CH Lloret, á súa maneira, tamén afronta un pequeno maratón de partidos, pero este será o seu primeiro test. Principalmente, o equipo de Xavier Albet só debía disputar un compromiso contra o Noia o sábado día 21, pero foi adiado ao domingo para poder recuperar o do Liceo. Un xesto a ter en conta, xa que este esforzo permitiu ó club coruñés aforrar unha segunda viaxe a Cataluña a corto prazo.
Circunstancias da COVID-19 aparte, o Lloret recibirá ó Liceo nunha situación complicada. O conxunto catalán todavía non sabe o que é sumar de tres no que vai de tempada, e ademáis tamén ten pendentes un número considerable de partidos. Xogou cinco, nos que tan só acumulou tres unidades a base de empates.
Aínda así, os xogadores dirixidos por Albet contan cunha dupla que pode xerar serios problemas ó Deportivo Liceo. Son Adrià Farré e Marc González, responsables de nove dos doce goles do conxunto ata o momento. Un deles, ó poderoso Barcelona.
O Pavelló Municipal de Lloret de Mar, parada final do stage en Cataluña, pode traer unha enorme alegría. Aínda así, non será nada fácil. Este importante partido poderase seguir polas cámaras de OKLIGA.TV.