Aforo máximo de 300 persoas no partido ante o CH Mataró

Aforo máximo de 300 persoas no partido ante o CH Mataró

Imaxe: Hockey Global (Mónica Arcay).

Co protocolo de actuación xa presentado ás autoridades sanitarias da Xunta de Galicia, o DEPORTIVO LICEO permitirá a asistencia de 300 persoas ao partido fronte ao CH Mataró (domingo 18 de outubro, 12:00h), correspondente á xornada 4 da OK Liga 20/21.

Estas 300 persoas serán seleccionadas a través do mesmo criterio que na anterior ocasión fronte ao Taradell, pero con outro matiz. Serán elixidas pola antigüedade dos socios que envíen un correo electrónico a administracion@hockeyclubliceo.com desde as 16:00h do mércores 14 de outubro e ata as 16:00h do venres día 16.

Sen embargo, TERÁN PRIORIDADE OS SOCIOS E SOCIAS QUE NON ASISTIRON NO SEU DÍA AO PARTIDO CONTRA O TARADELL.

Deberán facilitarse nome, apelidos, correo electrónico e DNI dos interesados. Os socios que manden unha solicitude sen algún destes datos NON poderán entrar ao recinto. Un carnet familiar, que engloba a un máximo de catro persoas, permitirá a asistencia de todas elas sempre que cada unha facilite todos e cada un dos datos anteriormente mencionados.

De xeito excepcional, tamén será posible solicitar a asistencia a través do seguinte número de teléfono: 981 131 451 (mesmo prazo que nas solicitudes por correo).

O Deportivo Liceo segue traballando para que este número sexa maior en futuros compromisos, sempre baixo as condicións que permitan un exercicio responsable coas circunstancias sanitarias actuais.

Deixa un comentario