CRÓNICA | Estrea de nivel en Barcelos (6-8)

CRÓNICA | Estrea de nivel en Barcelos (6-8)

O Deportivo Liceo disfrutou do sabor da victoria (6-8) na primeira proba con fogo real da pretempada. Os de Juan Copa doblegaron ao OC Barcelos de Rui Neto grazas a unha excelente segunda metade.

O encontro non puido empezar mellor. O Liceo adiantouse no primeiro minuto grazas a Roby di Benedetto, que foi o responsable de estrear o casilleiro de goles dos verdes. Sen embargo, o Barcelos non deu o seu brazo a torcer. O equipo local, que disputará este ano a Liga Europea, empatou sete minutos despois tras un penalti convertido por Ventura. A reacción do Liceo tampouco tardou, cun 1-2 obra de Dava Torres.

Sen embargo, os de Rui Neto espertaron definitivamente e anotaron tres dianas en cuestión de dez minutos. A primeira foi responsabilidade de Rafael Lourenço tras una boa acción, e pouco despois foi Darío quen aproveitou a segunda pena máxima a favor do Barcelos para remontar o partido. Desta forma, sumaba o primeiro tanto na súa conta particular. Este 3-2 tornou en 4-2 cando Tomás Pereira marcou a segundos de rematar a primeira parte.

Unha segunda parte excelente

O descanso cambiou os papeis dun partido que tornara en malas novas para Juan Copa. Esta vez os que espertaron foron os de verde, que aos tres minutos da reanudación recortaban distancias da man de Marc Grau. Tan só segundos despois, Dava Torres sumou outro gol ó seu rexistro para poñer o 4-4 parcial antes de que o mencionado Grau completara a remontada. O Barcelos logrou anotar o 5-5 grazas a Darío, pero Roby di Benedetto e César Carballeira anularon as intencións dos lusos con dous goles case consecutivos. Tomás Pereira acortou distancias, pero Jordi Adroher de penalti puxo o 6-8 definitivo.

O Deportivo Liceo todavía disputará dous amigables máis neste stage en Portugal. O primeiro será o sábado 29 ante a Associaçao Desportiva de Valongo (19:00h, hora española), para rematar cunha verdadeira proba de nivel ante o FC Porto. Este último será o domingo ás 13:30h (hora española), co Liceo regresando a A Coruña unha vez finalice.

FICHA TÉCNICA

ÓQUEI CLUBE DE BARCELOS: Acevedo, João Guimarães, Miguel Rocha, Bruno Ferreira, Reinaldo Ventura (cinco inicial). Tamén xogaron Darío Giménez, José Pereira, Tomás Pereira, Luis Querido e Rafael Lourenço

DEPORTIVO LICEO: Carles Grau, Dava Torres, Marc Grau, Roby di Benedetto, Franco Platero (cinco inicial). Tamén xogaron Martín Rodríguez, César Carballeira, Maxi Oruste e Jordi Adroher

GOLES: 0-1 (Di Benedetto, min. 1). 1-1 (Ventura p., min. 8). 1-2 (Dava Torres, min. 9). 2-2 (Rafael, min. 13). 3-2 (Darío p., min. 17 ). 4-2 (Tomás Pereira, min. 24). 4-3 (Marc Grau, min. 28). 4-4 (Dava Torres p., min. 29). 4-5 (Marc Grau, min. 31). 5-5 (Darío, min. 33). 5-6 (Di Benedetto, min. 35). 5-7 (Carballeira, min. 37). 6-7 (Tomás Pereira p., min. 41). 6-8 (Adroher, min. 44).

INCIDENCIAS: Partido amigable disputado no Pavilhão Municipal de Barcelos entre o equipo local e o Deportivo Liceo.

Deixa un comentario