Imaxe: Manu Boutureira.
O Deportivo Liceo realizará un stage de pretempada en Portugal co obxectivo de foguear ó plantel do próximo curso. O equipo comandado por Juan Copa permanecerá catro días en terras portuguesas, onde se enfrontará con tres equipos locais: Óquei Clube de Barcelos, Associaçao Desportiva de Valongo e o poderoso FC Porto.
A expedición do Liceo sairá de A Coruña o vindeiro xoves 27 de agosto con dirección Barcelos. Ese mesmo día terá lugar o primeiro amigable do stage, a disputar contra o equipo local ás 21:00h (hora española). Os dous restantes terán lugar o sábado día 29 ante a AD Valongo (19:00h, hora española) e o domingo día 30 ante o Porto (13:30h, hora española). O Liceo regresará a Galicia tras a disputa deste último compromiso.
En resumo, o calendario do stage é o seguinte (sempre con horas españolas):
- XOVES 27: Saída desde A Coruña con dirección Barcelos (Portugal). Partido ás 21:00h ante o equipo local.
- VENRES 28: Día libre.
- SÁBADO 29: Partido ante a Associaçao Desportiva de Valongo (19:00h).
- DOMINGO 30: Partido ante o FC Porto (13:30h). Regreso a Galicia unha vez finalice.