PREVIA OK LIGA 24/25 (X5) | Volver ó tres de tres

PREVIA OK LIGA 24/25 (X5) | Volver ó tres de tres

3 de novembro de 2024


O Deportivo Liceo de Juan Copa visitará ó Igualada en Les Comes para loitar por regresar á senda do triunfo (domingo, 18:00h).

Chega unha oportunidade para recuperarse. O Deportivo Liceo, dirixido unha vez máis por Juan Copa, viaxará este domingo a Igualada co obxectivo de sumar de tres na pista de Les Comes (18:00h). Será a quinta xornada da Fase Regular desta OK Liga 24/25, que se poderá ver de novo vía streaming grazas a OK Liga TV (canle de YouTube).

Dito partido estará controlado do minuto 1 ó 50 polos árbitros David Pedrola Valls e David Calonge Barrio, con Óscar Vílchez Cacho como auxiliar.

Recuperarse do traspés

A xornada chega para os verdibrancos con ganas de volver a sumar de tres. As dúas últimas non supuxeron boas novas para o equipo debido ás derrotas na pista do Vic (3-1) e na visita a Riazor do Barça (1-4), resultados que xunto ós triunfos fronte a Lleida e Vic deixan ó Deportivo Liceo na quinta posición da clasificación.

Para loitar polo triunfo en Les Comes, Juan Copa (que ve no equipo “máis puntos positivos que negativos”) contará cos mesmos homes que saíron a pista ata o de agora.

O Liceo é o actual quinto clasificado na Fase Regular desta OK Liga.

Unha lista de dez á que non se pode nin poderá sumar a curto prazo un Pablo Cancela que todavía se recupera da súa lesión de ligamento cruzado:

  • Martín Rodríguez | Porteiro, dorsal 1
  • Martí Serra | Porteiro, 10
  • Nil Cervera | 2
  • Arnau Xaus | 3 | 5 goles, máximo anotador do Liceo
  • César Carballeira | 5 | 2 goles
  • Jacobo Copa | 7
  • Dava Torres | 8 | 1 gol
  • Fabri Ciocale | 9 | 1 gol
  • Bruno Saavedra | 13
  • Tato Ferruccio | 77 | 1 gol

Despois da celebración deste partido, os coruñeses recibirán ó Sant Just na pista do Pazo dos Deportes de Riazor (domingo 10, 12:00h, xornada 6). Será o segundo compromiso dun mes de novembro cargado deles: ata sete, debido ó comezo da WSE Champions League 24/25.

Xuventude e veteranía, aínda que mal inicio

O equipo de Marc Muntané, que dirixe ós cataláns por segundo curso consecutivo, non comezou do mellor xeito a pesar de continuar cunha boa mestura de xogadores novos e experimentados. Entre eles xa non está o actual liceísta Nil Cervera, chegado a Galicia desde esta disciplina.

O Igualada é actualmente o pechacancelas da Fase Regular con só dous puntos sumados. Foron de mérito, iso si, ó conseguilos fronte ó Reus e na complicada pista do Voltregà. Con todo, dúas derrotas contra o Alcoi e o Lleida mancharon o inicio deste club histórico do hockey español.

Muntané deberá elixir un descarte entre estes once xogadores para loitar por sumar na visita do Liceo:

  • Guillem Torrents | Porteiro, dorsal 1
  • Ferran Busquets | Porteiro, 61
  • Biel Llanes | 3
  • Marc Rouzé | 7 | 2 goles
  • Joan Ruano | 8
  • Joel Roma | 9 | 1 gol
  • Àlex Cardil | 21
  • Roger Bars | 22
  • Marc Carol | 32
  • Edu Fernández | 66
  • Miguel Cañadillas | 67 | 1 gol

Deixa un comentario