8 de outubro de 2024
O Deportivo Liceo inaugurará a OK Liga recibindo ó PAS Alcoi o domingo 13 ás 12:00h.
As entradas de público xeral terán un custo de 7€.
Os socios e abonados entrarán gratis ó Pazo dos Deportes da Coruña ensinando o código QR do seu carnet, que valerá tanto de forma impresa como dixital.
Chega unha edición máis da OK Liga de hockey sobre patíns e este curso comezará en Riazor. Un lugar inmellorable para o Deportivo Liceo de Juan Copa, que o domingo 13 de outubro (12:00h) recibirá ó PAS Alcoi no Pazo dos Deportes.
Coma sempre, xa están dispoñibles as entradas para público xeral (7€) a través do seguinte enlace de Cluber. O propio día do partido, as taquillas do Pazo dos Deportes estarán abertas desde unha hora antes (11:00h) con pases físicos.
Socios e abonados gratis
Un curso máis, os socios do Liceo poderán entrar gratis a Riazor ensinando o código QR do seu carnet. Vale tanto de forma dixital como impresa. O mesmo ocorre cos abonados provintes do Real Club Deportivo e que abonaran o suplemento de 5€. Neste caso deberán mostrar o carnet que acredite dita condición.
Se todavía non es socio aínda podes sumarte ó Deportivo Liceo 24/25: aquí contas con toda a información.
Portas abertas para os máis pequenos
Por outra parte, un ano máis, tamén entrarán gratis os nenos e nenas que cumpran cunha das seguintes dúas condicións.
Será necesario acreditar debidamente a situación (por exemplo, vestir unha prenda do Colexio Liceo ou presentar a licencia federativa):