5 de outubro de 2024
O Liceo non logra clasificarse para a final da Supercopa de España, que xogarán o Reus e o Barcelona.
Un partido e un ambiente espectaculares que finalmente non tiveron premio. Iso foi o que ocurreu na segunda semifinal da Supercopa de España 2024. Deportivo Liceo e Barcelona, con este último como local, atopáronse nun Pazo dos Deportes cheo de liceístas que animaron ata o último momento.
O triunfo foi culé por cinco goles a dos, resultado que deixa ós verdibrancos no camiño. En só sete días, sen embargo, comezará a viaxe da OK Liga.
Inicio accidentado
Xa non comezou ben a cousa para os de Juan Copa cando Marc Grau, exliceísta, anotou o 1-0 cun disparo lonxano. Tras sorprender a Martí Serra, o propio Grau foi expulsado con vermello directo como resultado dun cobadazo a Ferruccio. O arxentino, debutante en competición oficial co Liceo, tamén viu a azul despois do incidente; aínda que a directa lanzada por Álvarez non rematou en gol.
César foi quen de empatar no minuto 6 ó materializar unha gran xogada colectiva con Dava Torres. Conexión coruñesa para facer arder a un Riazor entregado. Aí inaugurouse unha etapa de intercambio de golpes onde Martí Serra e Sergi Fernández destacaron por encima do resto.
O descanso, sen embargo, non chegou coas táboas esperadas. Sergi Llorca encargouse de devolverlle o marcador favorable ós azulgranas, un que desgraciadamente non cambiaría máis.
Esfuerzo sin premio
O Liceo regresou á segunda parte con ambición e o obxectivo de superar a Carles Grau, que disputou os últimos 25 minutos como meta do Barcelona. Os tres fatais do 34 ó 37 foron un duro golpe para os verdibrancos. Aragonès e Matías Pascual marcaron entón o 4-1, un máis difícil todavía,
Dava Torres logrou recortar distancias co 4-2 pouco despois, pero os intentos seguintes dos de Copa non tiveron froitos. Pablo Álvarez oficializou o 5-2 definitivo que significou a vitoria catalana cando os coruñeses xa estaban entregados ó ataque.
O curso non fixo nada máis que empezar para os liceístas, que o domingo 13 ás 12:00h volverán a Riazor para inaugurar a OK Liga 24/25. O rival será o PAS Alcoi.
FICHA TÉCNICA
BARÇA: Sergi Fernández; Ignacio Alabart, Pablo Álvarez, Marc Grau, Sergi Llorca (quinteto inicial), Matías Pascual, Ferran Font, Sergi Aragonès, Eloi Cervera e Carles Grau (meta suplente).
DEPORTIVO LICEO: Martí Serra; Arnau Xaus, César Carballeira, Dava Torres, Tato Ferruccio (quinteto inicial), Nil Cervera, Jacobo Copa, Bruno Saavedra, Fabri Ciocale e Martín Rodríguez (meta suplente).
ÁRBITROS: Miguel Díaz Cosme e Jonathan Sánchez García. Expulsaron con cartón vermello directo ó barcelonista Marc Grau (minuto 4). Mostraron cartulina azul a Tato Ferruccio por parte do Liceo.
GOLES: 1-0 (Marc Grau, min. 2). 1-1 (César Carballeira, min. 6). 2-1 (Sergi Llorca, min. 23). 3-1 (Sergi Aragonès, min. 34). 4-1 (Matías Pascual, min. 37). 4-2 (Dava Torres). 5-2 (Pablo Álvarez, min. 49).
INCIDENCIAS: Supercopa de España 2024, Semifinal. Pazo dos Deportes de Riazor (A Coruña).