Horarios confirmados para a Supercopa de España 2024

Horarios confirmados para a Supercopa de España 2024

17 de setembro de 2024


Celebrarase no Pazo dos Deportes de Riazor o 5 e o 6 de outubro e os partidos xa contan con horas confirmadas.

O Pazo dos Deportes da Coruña será este 5 e 6 de outubro a sede de toda unha Supercopa de España que xa conta con horarios confirmados para Deportivo Liceo, Reus Deportiu, Barça e Noia.

As semifinais disputaranse o sábado 5 e serán as seguintes:

  • 16:00h: NOIA vs. REUS DEPORTIU
  • 18:30h: BARÇA vs. DEPORTIVO LICEO

Por outro lado, a final xogarase o domingo 6 ás 11:30h.

Modalidades de entradas e enlaces de venda

Existen tres tipos de acceso á competición:

  • ABONO PARA A FINAL | Permitirá o acceso á gran final da Supercopa, que se celebrará o 6 de outubro ás 11:30h. Pódese conseguir neste enlace de CLUBER.

Os códigos QR resultantes do pago deberanse cambiar por unha pulseira, que será a que permita a entrada ó Pazo. O procedemento explicarase a continuación.

Como conseguir a pulseira?

Ditos códigos QR deberanse presentar nas oficinas do club situadas no Colexio Liceo La Paz para o seu posterior intercambio polas pulseiras.

Este procedemento poderase realizar a partir do día 18 de setembro e ata o 3 de outubro en horario de 17:00h a 20:00h. O venres 4 estarán abertas as taquillas do Pazo dos Deportes co mesmo horario, mentres que o sábado 5 estarán dispoñibles ás 15:00h e o domingo 6 ás 10:30h.

Promoción para os socios do Liceo e os abonados

Todos aqueles socios do Deportivo Liceo, así como os abonados do Real Club Deportivo que aportaran o suplemento de 5€, poderán contar cunha pulseira adicional da mesma condición que a mercada. Entregarase unha por persoa no momento do troco.

Deixa un comentario