VOLUNTARIADO | Queres aportar o teu grao de area na Supercopa de España 2024?

VOLUNTARIADO | Queres aportar o teu grao de area na Supercopa de España 2024?

10 de setembro de 2024


Imaxe: MANU BOUTUREIRA.

Todo aquel interesado en exercer de voluntario deberá solicitalo antes do 18 de setembro. Mandarase CV ó correo gerencia@hockeyclubliceo.com.

Queres deixar o teu selo na Supercopa de España? Esta é a túa oportunidade. Desde este momento e ata o 18 de setembro ábrese a posibilidade de formar parte do voluntariado do evento que inaugurará a tempada 24/25 de hockey sobre patíns.

O procedemento para apuntarse é realmente sinxelo: tan só se deberá enviar un CV ó correo de gerencia@hockeyclubliceo.com antes da mencionada data do mércores 18 de setembro. A partir dese momento, desde o Liceo contactaremos contigo para aclarar dúbidas e comezar a organización.

Contamos contigo para facer da Supercopa un evento inesquecible!

Deixa un comentario