6 de setembro de 2024
O evento celebrarase no Pazo dos Deportes de Riazor o 5 e o 6 de outubro.
Existe un abono xeral e entradas para cada un dos dous días, con promoción para os socios do Liceo e os abonados provintes do Real Club Deportivo.
O curso 24/25 de hockey sobre patíns comezará ó grande e na nosa ciudade. A Coruña albergará o 5 e o 6 de outubro a Supercopa de España, evento que xa conta con pases á venda mediante a plataforma online CLUBER.
Existen tres tipos de acceso á competición que disputarán Deportivo Liceo, Reus Deportiu, Noia e Barcelona:
- ABONO COMPLETO | Ten un valor de 20€ e pódese adquirir mediante este enlace de CLUBER.
- ABONO DE SEMIFINAIS | Este pase permitirá acceder ós dous partidos de semifinais que se disputarán o 5 de outubro. Ten un valor de 15€ e pódese adquirir neste enlace de CLUBER.
- ABONO PARA A FINAL | Permitirá o acceso á gran final da Supercopa, que se celebrará o 6 de outubro ás 12:00h. Pódese conseguir neste enlace de CLUBER.
Os códigos QR resultantes do pago deberanse cambiar por unha pulseira, que será a que permita a entrada ó Pazo. O procedemento explicarase a continuación.
Como conseguir a pulseira?
Ditos códigos QR deberanse presentar nas oficinas do club situadas no Colexio Liceo La Paz para o seu posterior intercambio polas pulseiras.
Este procedemento poderase realizar a partir do día 18 de setembro e ata o 3 de outubro en horario de 17:00h a 20:00h. O venres 4 estarán abertas as taquillas do Pazo dos Deportes co mesmo horario, mentres que o sábado 5 estarán dispoñibles ás 15:00h.
Promoción para os socios do Liceo e os abonados
Todos aqueles socios do Deportivo Liceo, así como os abonados do Real Club Deportivo que aportaran o suplemento de 5€, poderán contar cunha pulseira adicional da mesma condición que a abonada. Entregarase unha por persoa no momento do troco.