Fran Torres xogará cedido no Lleida

Fran Torres xogará cedido no Lleida

22 de xuño de 2024


A promesa arxentina, recentemente renovada ata 2026, continuará rodándose no conxunto catalán.

Francisco Torres Merin (Mendoza, Arxentina, 2004), coñecido tamén como ‘Tombita’, militará no Lleida durante o vindeiro curso 24/25. Este préstamo permitirá que o talentoso xogador de 19 anos continúe acumulando minutos e experiencia na OK Liga.

A aposta do Deportivo Liceo en Fran Torres continúa a ser total. Recentemente, no mes de febreiro, xogador e entidade acordaron a extensión da vinculación entre ambos ata o ano 2026.

O Club deséxalle toda a sorte do mundo a Tombita no pequeno punto e seguido desta historia, convencidos de que aínda ten moitas cousas bonitas por contar.

Deixa un comentario