Tiago Rodrigues, Sito Ricart, Tomás Pereira e Guido Pellizzari non continuarán no Liceo

Tiago Rodrigues, Sito Ricart, Tomás Pereira e Guido Pellizzari non continuarán no Liceo

14 de xuño de 2024


Os catro xogadores non formarán parte do equipo na tempada 24/25.

O Club deséxalles o mellor no seu futuro deportivo e agradécelles o compromiso demostrado durante as súas estancias.

O final do curso 23/24 significa tamén o adeus de catro xogadores. Trátase de Tiago Rodrigues, Sito Ricart, Tomás Pereira e Guido Pellizzari, que se desvinculan da disciplina do Deportivo Liceo para enrolarse en novos proxectos.

Tiago Rodrigues trasladouse de Porto a Galicia para compartir a portería do Liceo xunto a Martí Serra. O meta portugués asinou no verán de 2023 por un total de tres campañas, pero ambos camiños sepáranse tras chegar a un acordo entre as dúas partes. Tiago regresará ó seu país para continuar a súa carreira deportiva.

Sito Ricart asinou polo Deportivo Liceo en 2022 tras destacar co Caldes. O xogador catalán, desde entón, defendeu a camiseta verdibranca en casi un centenar de partidos entre OK Liga, Copa do Rei, Supercopa de España e WSE Champions League.

Tomás Pereira foi outra das incorporacións do Liceo para o curso 23/24 tras asinar por unha campaña con opción a outra adicional. Finalmente, o xogador portugués regresará á liga do seu país de orixe despois de defender ó Liceo en máis dunha treintena de encontros.

Pola súa parte, Guido Pellizzari chegou a Galicia para defender ó Liceo nun contrato de medio curso. O arxentino comezou a xogar en xaneiro do presente 2024 e desde entón disputou 21 partidos entre a OK Liga e os seus playoffs, anotando dous goles.

O Club deséxalles toda a sorte do mundo no seu futuro deportivo e extradeportivo, ademais de agradecerlles o esforzo e o compromiso demostrado durante as súas estancias na Coruña.

Deixa un comentario