PREVIA OK LIGA 23/24 (X25) | A Alcoi para a penúltima proba regular

PREVIA OK LIGA 23/24 (X25) | A Alcoi para a penúltima proba regular

28 de abril de 2024


Imaxe: MANU BOUTUREIRA.

O Deportivo Liceo visitará o Polideportivo Francisco Laporta para loitar ata o final pola segunda praza (domingo, 18:30h).

Son só dous os partidos que lle quedan de vida á Fase Regular da OK Liga. Para o Deportivo Liceo de Juan Copa o primeiro deles será no Polideportivo Francisco Laporta de Alcoi, co segundo posto como obxectivo ata que as matemáticas digan o contrario (domingo 28, 18:30h).

Esta data número 25 estará dirixida polos árbitros David Cantos Bonales e Sergi Mayor Oliván, con Carlos Molines Ferrándiz como auxiliar. Para os Liceístas que apoien desde a distancia, OK Liga TV volverá a retransmitir o partido en directo vía streaming grazas á súa canle de YouTube.

Baixa confirmada de Dava Torres

En canto ás novidades de plantilla, o técnico coruñés non poderá contar co capitán debido a unhas molestias no nocello. Non poderá ser un dos membros da expedición que viaxará a Alcoi, aínda que a recuperación de Bruno Saavedra (que anotou dous goles na pasada data) aumenta os efectivos dispoñibles para Juan Copa.

Os dez xogadores que loitarán polos tres puntos no Francisco Laporta serán os seguintes:

  • Martí Serra | Porteiro, 10
  • Tiago Rodrigues | Porteiro, 33
  • Sito Ricart | 2 | 7 goles na OK Liga e 3 na WSE Champions League
  • Tomás Pereira | 4 | 4 goles na OK Liga e 1 na WSE Champions League
  • César Carballeira | 5 | 26 goles na OK Liga, pichichi do Deportivo Liceo
  • Fabri Ciocale | 9 | 6 goles na OK Liga e 1 na WSE Champions League
  • Bruno Saavedra | 2 goles na OK Liga
  • Fran Torres | 44 | 5 goles na OK Liga e 4 na WSE Champions League
  • Guido Pellizzari | 54 | 1 gol na OK Liga
  • Pablo Cancela | 74 | 10 goles na OK Liga e 2 na WSE Champions League

Dous partidos máis ata o playoff final

Restan seis puntos en xogo, precisamente os que separan ó Liceo (terceiro clasificado) da segunda praza. Ocupa a mesma o Noia, poseedor de 48 puntos fronte ós 42 dos verdibrancos. A pesar das dificultades, dous triunfos coruñeses e dúas derrotas catalanas máis a remontada no average de goles (+26 por +20) daríanlle o honor ó Deportivo Liceo.

Precisamente, a última xornada da Fase Regular enfrontará a ambos no Pazo dos Deportes de Riazor. Será o domingo 5 de maio ás 12:00h.

O Liceo e o Noia, terceiro e segundo clasificado, enfrontaranse na última xornada da Fase Regular

Por outra parte, son ata dous os equipos que matemáticamente poderían alcanzar o terceiro posto agora mesmo ocupado polos xogadores de Juan Copa. Son o Reus (39 puntos) e o Voltregà (37).

Trala resolución da orde das prazas, o playoff polo título comezará a rodar a fin de semana do 18 de maio.

Un Alcoi correoso

Desde o seu recente ascenso de categoría, o PAS Alcoi sempre foi un rival difícil de superar. Este ano non é unha excepción. O conxunto dirixido por Lorenzo Pastor é o actual oitavo clasificado da OK Liga con 34 puntos, membro agora mesmo dos futuros playoffs polo título.

Sen embargo, a cercanía do noveno (Igualada, 32) obriga ó Alcoi a non relaxarse en ningún momento para non perder o posto de playoff. Máis despois de colleitar unha derrota na pasada xornada co Sant Just como verdugo.

O Alcoi recibirá ó Liceo co playoff polo título en xogo

Os homes que saltarán ó Polideportivo Francisco Laporta serán os seguintes dez, repartidos ademais entre os dorsais 1 e 10:

  • Joan Oltra | Porteiro, dorsal 1
  • Marc Grau | Porteiro e capitán, 10
  • Ferran Formatjé | 2 | 7 goles
  • Kyllian Gil | 3 | 13 goles
  • Sergi Canet | 4 | 14 goles
  • Agustín Domínguez | 5 | 4 goles
  • Javier Verdú | 6
  • Gonzalo Pérez | 7 | 17 goles
  • Manel Hernández | 8 | 5 goles
  • Franco Ceschin | 9 | 8 goles

O duelo da primeira volta deixou unha apretada vitoria liceísta no Pazo dos Deportes de Riazor: 2-1 grazas ós goles de Sito Ricart e Tomás Pereira. Gonzalo Pérez, de penalti, foi o encargado de poñer emoción ó tema a falta de dous minutos para a conclusión.

Deixa un comentario