3 de abril de 2024
O arxentino defenderá as cores verdibrancas durante un curso máis.
Fabrizio Ciocale (Arxentina, 1998) seguirá no Deportivo Liceo. O xogador albiceleste ampliará por unha tempada máis o seu xa extenso periplo no club verdibranco, ó que chegou no ano 2016.
O atacante formouse no Ciudad de Buenos Aires e no Vélez arxentino ata a súa chegada á Coruña con tan só 17 anos. Aí comezou a primeira das súas dous etapas no club.
Fabri foi cedido ó Braga portugués durante o verán de 2020, pero regresou ás ordes de Juan Copa e formou parte do plantel que gañou a máis que especial Copa do Rei de 2021, celebrada na nosa cidade. Posteriormente foi traspasado ó Valdagno italiano ata que, en 2022, volveu a Galicia para retomar a aventura liceísta.
A continuidade de Fabri refrenda todavía máis o proxecto ambicioso do Liceo, que para o próximo curso 24/25 xa conta con outras catro renovacións: as de Dava Torres, César Carballeira (ambos ata 2027), Fran Torres (2026) e Martí Serra (2025).