O Deportivo Liceo vestirá Brazaletes de Esperanza para o Día Mundial Contra o Cancro

O Deportivo Liceo vestirá Brazaletes de Esperanza para o Día Mundial Contra o Cancro

31 de xaneiro de 2024


Esta acción ten como obxectivo concienciar sobre a importancia da loita contra o cancro e a esperanza de aumentar a tasa de supervivencia ó 70% para o ano 2030.

O Deportivo Liceo súmase a unha iniciativa moi especial no marco do Día Mundial contra o Cancro, celebrado todos os 4 de febreiro. Unímonos á iniciativa dos Brazaletes de Esperanza, un proxecto da Asociación Española contra o Cancro (AECC) co obxectivo de concienciar sobre a importancia desta loita e a esperanza de aumentar a tasa de supervivencia ó 70% para o vindeiro ano 2030.

Desde o mundo do deporte unímonos a esta causa crucial. A loita contra o cancro non entende de equipos nin de afeccións. É unha batalla que nos importa a todos. Por iso, nos partidos desta fin de semana tanto da Base como do Primeiro Equipo, levaremos un brazalete verde que simbolizará a esperanza e o compromiso. Son moitas as vidas que se poden salvar se, coa axuda de todos, alcanzamos ese ansiado 70% de supervivencia.

Podes ofrecer a túa colaboración na páxina web da Asociación Española contra o Cancro, onde atoparás toda a información necesaria sobre esta e moitas outras iniciativas.

Todos xogamos unidos baixo o símbolo da esperanza.

#TodosContraelCáncer

Deixa un comentario