PREVIA WSE CHAMPIONS LEAGUE 23/24 (X4) | O último tren europeo

PREVIA WSE CHAMPIONS LEAGUE 23/24 (X4) | O último tren europeo

25 de xaneiro de 2024


O Deportivo Liceo recibirá ó Forte dei Marmi nun partido que deberá gañar para continuar con opcións de clasificación (xoves 25, 20:30h).

A segunda proba europea que presenciará o Pazo dos Deportes non será unha calquera. A visita do Forte dei Marmi ó feudo do Deportivo Liceo (xoves, 20:30h) significará un punto de inflexión na andadura verdibranca dentro da WSE Champions League. Só unha vitoria permitiría que o conxunto de Juan Copa continuara disputando a Fase de Grupos con opcións reais de clasificación.

Esta importante cuarta xornada estará dirixida polos árbitros portugueses Joaquim Pinto e Pedro Silva. Poderase seguir en directo vía streaming mediante o sitio web oficial de World Skate Europe ou desde a segunda canle da Televisión de Galicia.

O Deportivo Liceo regresará a Riazor cinco días despois de empatar en OK Liga contra o Calafell. Imaxe: MANU BOUTUREIRA.

A última oportunidade para engancharse

As tres primeiras xornadas da máxima competición continental non trouxeron boas novas para o Deportivo Liceo. Actualmente continúa co casilleiro de puntos sen estrear e as oportunidades de clasificación son menores, pero todavía existentes. Unha vitoria liceísta ante o Forte permitiría empatar cos italianos en guarismos (3) e achegarse ben a Barcelos (segundo, 6) ou a Barcelona (primeiro, 9) según cal sexa o resultado do outro partido deste Grupo A.

Clasificación completa do Grupo A da WSE CL

A folla de ruta europea percorrida e por percorrer por parte dos verdibrancos é a seguinte. Trala visita do equipo transalpino, Copa e os seus homes deberán viaxar a Portugal e recibir en Riazor ó Barcelona:

  • XORNADA 1 | Barcelona vs. DEPORTIVO LICEO | 8-2
  • XORNADA 2 | DEPORTIVO LICEO vs. Barcelos | 2-4
  • XORNADA 3 | Forte dei Marmi vs. DEPORTIVO LICEO | 4-2
  • XORNADA 4 | DEPORTIVO LICEO vs. Forte dei Marmi (25 de xaneiro)
  • XORNADA 5 | Barcelos vs. DEPORTIVO LICEO (8 de febreiro)
  • XORNADA 6 | DEPORTIVO LICEO vs. Barcelona (29 de febreiro)

No que a convocatoria se refire, Juan Copa poderá contar cos mesmos xogadores que empataron ante o tamén europeo Calafell o pasado sábado. Continúa de baixa Bruno Saavedra, xa nas fases finais para a recuperación da súa lesión de escafoides:

  • Martí Serra | Porteiro, 10
  • Tiago Rodrigues | Porteiro, 33
  • Sito Ricart | 2 | 6 goles en OK Liga e 1 na WSE Champions League
  • Tomás Pereira | 4 | 4 goles en OK Liga e 1 na WSE Champions League
  • César Carballeira | 5 | 16 goles en OK Liga, actual pichichi do Deportivo Liceo
  • Dava Torres | Capitán, 8 | 10 goles en OK Liga e 2 na WSE Champions League
  • Fabri Ciocale | 9 | 4 goles en OK Liga
  • Fran Torres | 44 | 1 gol en OK Liga e 1 na WSE Champions League
  • Guido Pellizzari | 54
  • Pablo Cancela | 74 | 8 goles en OK Liga e 1 na WSE Champions League

Tras esta complicada proba, o Deportivo Liceo deberá viaxar con dirección Madrid para visitar ó Hockey Rivas. Esta 16º xornada de OK Liga xogarase o domingo 28 ás 12:30h.

Reencontro cun Forte que levou o “primeiro asalto”

O equipo dirixido por Alessandro Bertolucci logrou os tres puntos no partido disputado no PalaForte. Aquel 4-2 da terceira data, con Galbas, Rossi e Compagno (este en dúas ocasións) como goleadores; significou o primeiro triunfo dos italianos dentro da WSE Champions League.

Mentres, o seu dominio na Serie A1 continúa vixente e cuns excelentes números goleadores (98 dianas en 16 xornadas). Só é quen de manter este ritmo o Trissino, participante tamén da máxima competición europea. Ambos suman 43 e 41 puntos respectivamente.

O Forte dei Marmi aterrizará en terras galegas cos seguintes dez xogadores:

  • Riccardo Gnata | Porteiro, dorsal 22
  • Mattia Taiti | Porteiro, 35
  • Federico Ambrosio | 5 | 35 goles na Serie A1 e 1 en Champions
  • Pedro Gil | 9 | 12 goles (Serie A1)
  • Elia Cinquini | 26 | 3 goles (Serie A1)
  • Joan Galbas | 55 | 2 goles en Serie A1 e 1 en Champions
  • Francesco Rossi | 57 | 6 goles en Serie A1 e 1 en Champions
  • Francesco ‘Checco’ Compagno | 77 | 13 goles na Serie A1 e 2 en Champions
  • Fran Ipiñazar | 87 | 7 goles (Serie A1)
  • Enric Torner | 99 | 10 goles na Serie A1 e 1 en Champions

Entradas a 5€ para público xeral

O público xeral conta con entradas online dispoñibles para este choque a través do seguinte enlace de Cluber. O prezo é de 5€ cada unha. O propio día do partido, as taquillas do Pazo dos Deportes estarán abertas desde unha hora antes (19:30h) para a venda de pases físicos.

Como ocorrerá durante todo o curso 23/24, os socios verdibrancos poderán entrar gratis a Riazor ensinando o código QR do seu carnet. Vale tanto de forma dixital como impresa. O mesmo ocorre cos abonados provintes do Real Club Deportivo, que tamén deberán mostrar o carnet que acredite a súa situación.

Se todavía non es socio podes sumarte ó Deportivo Liceo 23/24 a un prezo totalmente inmellorable.

Por outra parte, tamén entrarán gratis os nenos e nenas que cumpran cunha das seguintes dúas condicións. En ambas será necesario acreditar debidamente cada situación nas portas:

Deixa un comentario