8 de decembro de 2023
O Deportivo Liceo buscará romper a recente mala racha de resultados na visita do Alcoi a Riazor (sábado, 13:00h).
Todavía queda OK Liga neste 2023. Unha nova xornada na que o Deportivo Liceo terá outra oportunidade para regresar á senda do triunfo. O Pazo dos Deportes de Riazor recibirá este sábado (13:00h) ó PAS Alcoi para celebrar a xornada 12 desta Fase Regular.
O partido estará dirixido polos árbitros Álvaro de la Hera Jáudenes e David Cantos Bonales, con Francisco Javier López Quinteiro como auxiliar. Como sempre, estará retransmitido por OK Liga TV mediante Hockey Global; aínda que o público xeral contará con entradas a tan só 5€ tanto online como en taquillas para poder velo en vivo e en directo.
Un Liceo co obxectivo de recuperar resultados
Non foron unhas semanas positivas para o conxunto de Juan Copa, que na competición doméstica acumula tres derrotas de forma consecutiva. É o actual sétimo da táboa con 15 puntos e unha clasificación para a Copa do Rei que todavía non está pechada.
Para este choque, Copa seguirá sen poder contar cun Dava Torres que non volverá ata entrado o novo ano 2024. O mesmo ocorre con Bruno Saavedra e a súa lesión de escafoides, aínda que neste caso a baixa se manterá durante uns meses máis.
Dava Torres e Bruno Saavedra continúan recuperándose das súas respectivas lesións
Volverá a completar a lista o canteirán Jaime Méndez, como ocorre desde fai varias xornadas. Os dez xogadores que loitarán por triunfar ante o Alcoi serán os seguintes:
- Martí Serra | Porteiro, 10
- Tiago Rodrigues | Porteiro, 33
- Sito Ricart | 2 | 3 goles en OK Liga
- Tomás Pereira | 4 | 3 goles en OK Liga e un en WSE Champions League
- César Carballeira | 5 | 13 goles en OK Liga, actual pichichi do Deportivo Liceo
- Fabri Ciocale | 9 | 4 goles en OK Liga
- Fran Torres | 44 | 1 gol en OK Liga
- Guido Pellizzari | 54
- Pablo Cancela | 74 | 7 goles en OK Liga
- Jaime Méndez | 78
Non será, de todos xeitos, o último partido de 2023 para este plantel. O xoves 14 ás 20:30h, con Riazor como testemuña, o Liceo disputará a segunda xornada da Fase de Grupos da WSE Champions League. O rival será o OC Barcelos portugués.
Un Alcoi en boa dinámica
O equipo dirixido por Lorenzo Pastor chegará ó Pazo dos Deportes con nada menos que tres triunfos consecutivos baixo o brazo: Calafell (casa), Rivas (fóra) e, máis recentemente, contra a revelación Sant Just (5-1 en Alcoi).
É o actual sexto clasificado da Fase Regular con 16 puntos, un máis que o Deportivo Liceo. Acumula un total de cinco vitorias, un empate e cinco derrotas con 36 goles a favor e 38 en contra.
O plantel, curiosamente formado por dorsais do 1 ó 10, é o seguinte:
- Joan Oltra | Porteiro, dorsal 1
- Marc Grau | Porteiro, dorsal 10
- Ferran Formatjé | 2 | 3 goles
- Kyllian Gil | 3 | 7 goles
- Sergi Canet | 4 | 7 goles
- Agustín Domínguez | 5 | 2 goles
- Javier Verdú | 6
- Gonzalo Pérez | 7 | 8 goles
- Manel Hernández | 8 | 3 goles
- Franco Ceschin | 9 | 6 goles
Entradas a 5€ para público xeral
O público xeral conta con entradas online dispoñibles para este choque a través do seguinte enlace de Cluber. O prezo é de 5€ cada unha. O propio día do partido, as taquillas do Pazo dos Deportes estarán abertas desde unha hora antes (12:00h) para a venda de pases físicos.
Como ocorrerá durante todo o curso 23/24, os socios verdibrancos poderán entrar gratis a Riazor ensinando o código QR do seu carnet. Vale tanto de forma dixital como impresa. O mismo pasa cos abonados provintes do Real Club Deportivo, que tamén deberán mostrar o carnet que acredite a súa situación.
Se todavía non es socio podes sumarte ó Deportivo Liceo 23/24 a un prezo totalmente inmellorable.
Por outra parte, tamén entrarán gratis os nenos e nenas que cumpran cunha das seguintes dúas condicións. En ambas será necesario acreditar debidamente cada situación nas portas: