PREVIA OK LIGA 23/24 (X5) | En busca da reacción

PREVIA OK LIGA 23/24 (X5) | En busca da reacción

27 de outubro de 2023


O Deportivo Liceo viaxará a Mataró co obxectivo de remontar a mala xeira fóra de Riazor (sábado 28, 20:30h, OK Liga TV).

Como di Juan Copa na previa deste partido, “cada sete días hai unha revancha”. A visita do Deportivo Liceo ó Jaume Parera de Mataró (sábado, 20:30h) será unha gran oportunidade para truncar a mala xeira dos verdibrancos fóra de Riazor.

Ata o momento, as dúas xornadas de OK Liga disputadas como visitante terminaron en derrotas (3-2 en Calafell7-3 en Sant Just). A expedición loitará para rematar cun triunfo este segundo partido consecutivo alonxado da Coruña, unha cidade que volverá a ver hockey o vindeiro sábado 4 de novembro (18:00h, Caldes).

Este importante encontro estará dirixido polos árbitros Loïc Le Menn e Daniel Pico Ramos, con Marc Vilardell como auxiliar. Será retransmitido por OK Liga TV (canle de YouTube) en directo e totalmente de balde.

O Deportivo Liceo loitará polos seus primeiros puntos fóra do Pazo. Imaxe: MANU BOUTUREIRA.

Lista de nove xogadores

Como é habitual nas últimas semanas, a convocatoria do Liceo estará composta por un total de nove xogadores. Continúa así a baixa de Bruno Saavedra, operado da súa lesión de escafoides e cun horizonte de recuperación que todavía se alonxa en máis dun mes.

Os homes que viaxarán a terras catalás serán os seguintes:

  • Martí Serra | Porteiro, 1
  • Tiago Rodrigues | Porteiro, 33
  • Sito Ricart | 2 | 1 gol
  • Tomás Pereira | 4 | 2 gol
  • César Carballeira | 5 | 5 goles
  • Dava Torres | Capitán, 8 | 1 gol
  • Fabri Ciocale | 9 | 4 goles
  • Fran Torres ‘Tombita’ | 44 | 1 gol
  • Pablo Cancela | 74 | 5 goles

Dúas caras diferenciadas

Non son nada malas as cifras de goles dos xogadores liceístas, posto que o negativo das visitas a canchas rivais se complementa con todo o bo que ofrece o Pazo dos Deportes de Riazor.

Actualmente, o Liceo ocupa a sexta posición da táboa con seis puntos sumados: todos eles na súa propia casa. Só son, sen embargo, catro menos cós de Barcelona e Sant Just, os dous líderes dunha OK Liga moi igualada nesta fase regular.

Os de casa son triunfos realmente contundentes: 6-1 ante o Igualada8-2 ante o Hockey Rivas. O Deportivo Liceo, condicionado pola mencionada lesión de Bruno Saavedra e polas molestias de Dava Torres, busca agora atopar ese equilibrio entre os dous escenarios.

Un recén ascendido con ganas de arrancar

É a terceira data consecutiva na que o Deportivo Liceo se enfronta a un antigo membro da OK Prata. Primeiro Rivas, logo Sant Just e agora Mataró. Agarda o colista da máxima categoría, aínda que a análise global non presenta un escenario a priori sinxelo.

O Mataró, a pesar da súa condición de colista, demostrou ser un equipo loitador fronte a condicións adversas

A pesar do seu único punto sumado, o equipo dirixido por Joan Carles Vadillo esixiulle o máximo a todos os seus rivais. Algúns deles, de importante categoría. Sen ir máis lonxe, os cataláns estiveron a punto de asaltar a pista dun Reus Deportiu que gañou de forma moi xusta (6-5). Tamén lograron sumar en Voltregà, un dos feudos máis correosos da OK Liga.

O plantel do Mataró está composto polos seguintes xogadores e goleadores:

  • Sergi Grané | Porteiro, dorsal 1
  • Gerard Garro | Porteiro, 10
  • Gerard Cusachs | 2 | 1 gol
  • Oriol Lladó | 3 | 3 goles
  • Marc Ollé | 4 | 3 goles
  • Jordi Pérez | 5
  • Xavi Burguillos | 7 | 3 goles
  • Abel Moya | 8 | 3 goles
  • Guillem Carbonell | 14 | 1 gol
  • Lluc Vilà | 25 | 1 gol

Deixa un comentario