PREVIA OK LIGA 23/24 (X2) | Primeira visita do curso

PREVIA OK LIGA 23/24 (X2) | Primeira visita do curso

7 de outubro de 2023


O Deportivo Liceo buscará os tres puntos este sábado no Pavelló Joan Ortoll de Calafell (20:30h, OK Liga TV).

Isto xa comezou e agora non se detén. A OK Liga 23/24 chega coa súa segunda xornada, que no caso do Deportivo Liceo de Juan Copa significará a primeira proba lonxe do Pazo dos Deportes de Riazor. Agarda xa o Calafell de Ferran López, un bo equipo reforzado pola gran atmósfera do seu Pavelló Joan Ortoll (sábado, 20:30h, OK Liga TV).

Os coruñeses contan coa oportunidade de seguir contando os seus encontros por vitorias, despois da conseguida na xornada inicial fronte ó Igualada (6-1). O triunfo e a diferenza de goles permiten que, aínda que todavía de forma simbólica, o Liceo encabece a táboa desta fase regular.

O partido estará dirixido por Miguel Díaz Cosme e Erik Rivas Martín, con Salvador Besora del Fresno como auxiliar. Como é habitual, estará retransmitido de forma gratuíta por OK Liga TV na súa canle de YouTube.

Convocatoria sen Bruno Saavedra

Como se anunciou durante a presente semana, Juan Copa non poderá contar con Bruno Saavedra durante un período de aproximadamente dous meses. O dorsal número 13 do Deportivo Liceo convalece dunha fractura de escafoides que lle impedirá participar nos vindeiros partidos.

Dava Torres, pola súa parte, si entra na convocatoria despois de superar as molestias físicas que limitaron a súa participación no choque do Igualada.

Polo tanto, a lista queda composta polos seguintes nove homes (dorsais á dereita):

  • Martí Serra | Porteiro, 1
  • Tiago Rodrigues | Porteiro, 33
  • Sito Ricart | 2 | 1 gol
  • Tomás Pereira | 4
  • César Carballeira | 5
  • Dava Torres | Capitán, 8 | 1 gol
  • Fabri Ciocale | 9
  • Fran Torres ‘Tombita’ | 44 | 1 gol
  • Pablo Cancela | 74 | 3 goles

Un pavillón complicado

O Calafell de Ferran López é un dos equipos que máis guerra ofreceu na OK Liga nos últimos anos. O seu Pavelló Joan Ortoll, sede da última Copa do Rei, demostrou ser un dos recintos máis duros da competición.

Sen embargo, o conxunto catalán debe repoñerse este curso da importante baixa de Martí Casas. O máximo goleador da OK Liga 22/23 defende agora as cores do Reus.

Imaxe: CP CALAFELL (conta de X).

O rival do Deportivo Liceo é máis que coñecido polos integrantes do equipo coruñés. Sen ir máis lonxe, o Calafell foi o contendente das duras semifinais do playoff polo título na 22/23. De momento, no ano actual, os de Ferran rexistran un empate in extremis na primeira xornada (3-3 na pista do Sant Just, cun gol no último segundo).

O plantel dirixido por Ferran López é o seguinte:

  • Gerard Camps | Porteiro, dorsal 10
  • Marc Solans | Porteiro, 23
  • Joan Pascual | 2
  • Arnau Xaus | 3
  • Jordi Ferrer | 5
  • Abel Salvadó | 9
  • Oriol Vives | 19
  • Josep María ‘Jepi’ Selva | 29
  • Sergi Miras | 55
  • Carles Domenech | 66

Deixa un comentario