Recoñecementos do primeiro plantel no Centro Médico Quirónsalud A Coruña

Recoñecementos do primeiro plantel no Centro Médico Quirónsalud A Coruña

18 de agosto de 2023


O Deportivo Liceo superou esta mañá as probas médicas no centro situado na coruñesa Rúa Manuel Murguía.

Quirónsalud e o Deportivo Liceo continúan da man un ano máis. O conxunto de Juan Copa, inmerso na pretempada do novo curso 23/24, dirixiuse esta mañá ó Centro Médico Quirónsalud situado na Rúa Manuel Murguía de A Coruña para realizar unha serie de recoñecementos médicos da man dos mellores profesionais do sector.

Baixo a dirección do Doutor Carlos Lariño, tódolos xogadores liceístas superaron as probas sen ningún tipo de problema e gozaron dos mellores servizos asistenciais, á par que da última tecnoloxía médica deste centro de referencia.

Continúa así o apoio de Quirónsalud ó deporte coruñés e consolida o compromiso que mantén dende hai anos coa saúde do deporte. Prosegue tamén a súa actuación como participante en múltiples eventos e disciplinas deste campo, intimamente relacionado coa saúde tanto na prevención de enfermidades como na calidade de vida en xeral.

 

Deixa un comentario