7 de xullo de 2023
Será no Pavelló Olímpic con Deportivo Liceo, Reus Deportiu, Barça e Calafell como participantes. Imaxe: Concello de Reus.
A Supercopa de España 2023 xa ten datas e lugar. A Real Federación Española de Patinaxe deu a coñecer esta tarde os detalles dunha das competicións máis importantes do hockey nacional, que se disputará en Reus do sábado 23 ó domingo 24 de setembro.
O Pavelló Olímpic será testemuña da loita entre os seus catro participantes: Barça, Deportivo Liceo, Calafell e Reus Deportiu. Son, por esa orde, os primeiros clasificados da OK Liga 22/23. O conxunto de Juan Copa loitará polo que sería o seu cuarto entorchado despois dos logrados en 2016, 2018 e 2021.
O torneo se xogará en formato de eliminatorias desde as semifinais. Os emparellamentos daranse a coñecer o vindeiro 26 de xullo, cando a RFEP sorteará tanto o cadro da Supercopa como o calendario da OK Liga 23/24.