O club agradece o seu enorme traballo e deséxalles toda a sorte do mundo nos seus futuros equipos.
A fin da tempada chega con baixas dentro do equipo comandado por Juan Copa. Ata catro xogadores non continuarán no Deportivo Liceo: Bruno Di Benedetto, Mati Bridge, Pol Manrubia e Àlex Rodríguez.
O club deséxalles a maior das sortes nos seus futuros proxectos e, sobre todo, agradece o enorme traballo realizado durante un curso de gran mérito.
Bruno Di Benedetto
O francés regresou ó Liceo procedente do Lleida e non tardou en adaptarse de novo á súa filosofía. Co dorsal 3, Di Benedetto conseguiu un total de 20 goles entre a fase regular da OK Liga e os playoffs. Tamén anotou outro na Copa do Rei celebrada durante o mes de marzo.
Ademais de múltiples accións defensivas de gran calidade, tamén aportou outros tres goles durante a WSE Champions League.
O seu último partido como verdibranco rematou cun hat trick fronte ó Barcelona, a pesar da derrota final.
Mati Bridge
O meta arxentino promocionou ó primeiro equipo do Deportivo Liceo durante o verán de 2022 despois de converterse nun fixo do filial, por aqueles tempos na OK Prata 21/22.
Co rol de segundo porteiro, Bridge participou como titular en cinco partidos da OK Liga demostrando grandes prestacións.
Recentemente, ademais, formou parte da selección arxentina que triunfou nos World Skate Games no Aldo Cantoni de San Juan.
Pol Manrubia
O xoven xogador aterrizou na Coruña co curso xa comezado, despois de chegar a un acordo de cesión co Benfica. Unha vez rematada a tempada, Manrubia regresará ó seu club.
Durante a súa estadía no Deportivo Liceo, co dorsal 7, aportou un total de 8 goles e unha infinidade de xogadas individuais que demostraron o seu enorme talento. Uns meses que lle serviron para progresar en todas as facetas do xogo.
Àlex Rodríguez
Rodríguez asinou co Deportivo Liceo no verán de 2021 e, fiel á traxectoria que o levou a Riazor, converteuse nun xogador clave.
Con decenas e decenas de goles no seu historial, ademais de poderío físico e potencia nas xogadas de bóla parada, o ex xogador do Reus Deportiu proclamouse campión da OK Liga na tempada 21/22. Tamén levantou unha Supercopa de España poucas semanas despois de fichar.
A súa estadía en Galicia, chea de éxitos, levoulle ó máis alto do hockey nacional.