O Junior do Deportivo Liceo loitará por ser Campión de España

O Junior do Deportivo Liceo loitará por ser Campión de España

Imaxe: Federación Gallega de Patinaje.

O equipo Junior do Deportivo Liceo loitará por proclamarse Campión de España. O torneo, que xuntará ós mellores equipos do país na categoría, celebrarase en Alameda de Osuna (Madrid) do 26 ó 28 de maio unha vez disputadas as diferentes Fases de Sector.

A Fase Astur-Galaica, xogada en Ordes do 28 ó 30 de abril, deixou ó conxunto dirixido por Sergio Huelves como subcampión. O Dominicos coruñés, triunfante na final, tamén viaxará a Alameda de Osuna.

O camiño do Deportivo Liceo no Sector foi o seguinte:

Fase de Grupos

GRUPO B: Oviedo Roller HC 1-6 Deportivo Liceo (Fran Torres x4, Santi Sala e Jaime Méndez)

GRUPO B: Dominicos 4-1 Deportivo Liceo (Jaime Méndez)

GRUPO B: Deportivo Liceo 5-1 Compañía de María (Alejandro Expósito, Marcos Pazos, Fran Torres, Juan Verdía e Javi Moscoso)

Semifinais

AC Ordes 2-4 Deportivo Liceo (Fran Torres x3, Santi Sala)

Final

Deportivo Liceo 3-8 Dominicos (Santi Sala x2, Marcos Pazos)

Deixa un comentario